Luns, Outubro 7, 2024
Actualidade

Equipos LNB. Clasificacións históricas

Agora que comezou a Temporada 2019-2020 xa temos a listaxe de equipos LNB co seu ano de fundación. 19 equipos e 3 Conferencias. Remourelle Bulls, Billardeiros Musicais e Filloas de Sangue cumpren 12 anos, ou sexa, entran na puberdade. Os demais equipos nin sequera chegaron a esta época primordial da vida.

 

 

Despois de 14 anos de LNB o equipo máis laureado é Billardeiros Musicais, con 3 títulos LNB e 10 títulos de Conferencia. Preto del está Corredoiras con 2 e 9 respectivamente. Os demais equipos están moi lonxe, pois Gharaboto ten 1 título LNB  e 4 de Conferencia e Lúa de Forza un único título LNB. Algún dos equipos con título LNB xa non existen, como o caso de Bateas, Furabolos, Paquete Pinchas e Os Outros. Ekipa Bítere e Petapouco, dous equipos pioneiros no nacemento da LNB (2005) e con títulos de Conferencia Norleste, tamén desapareceron. Campo da Feira con 5 títulos de Conferencia, Filloas de Sangue con 2 e Remourelle Bulls con 1 son os outros equipos titulados.

 

Conseguir un título de Conferencia supón ser regular durante 9 meses. Lograr un título LNB comporta ter un parto xenial, despois de 9 meses de embarazo. Daquela, non todos os equipos teñen este potencial de xogadores e xogadores, pero o que si está ao alcance da maioría dos equipos, e os datos así o acreditan, é o obxectivo de ganar unha xornada de liga. Na clasificación de xornadas de liga podedes apreciar que dos equipos actuais só hai 4 equipos que aínda non saben o que é vencer nunha xornada. Son Billarda Verde, Madia Leva, Laxe de Rons e Castiñeiro Milenario. Este último equipo acaba de crearse, Billarda Verde é do 2016, Laxe do 2013 e Madia leva do 2009. Ao equipo Milenario levaralle tempo facer un equipo competitivo, mais un castiñeiro tarda en dar froito. Billarda Verde e Madia Leva fixeron uns equipos que esta temporada van ter posibilidades de ganar algunha xornada. A Laxe de Rons vaille custar algo máis, aínda que se teñen un bo día… quen sabe?

 

Se consideramos cada Conferencia por separado estas serían as clasificacións de xornadas ganadas.

 

Outras estatísticas do comportamento dos equipos son as que teñen que ver con xornadas ganadas de xeito consecutivo nunha Conferencia e de xornadas consecutivas sendo líder. Vemos como en cada Conferencia hai un equipo que sempre dominou con autoridade, na Norleste BMU, no Noroeste FEI e nas Rías Baixas COR. Semella que a Conferencia na que os equipos se reforzaron máis e mellor é a Conferencia Mai, daquela, esta temporada pode rematar o reinado de BMU, ou non! No Noroeste, non hai dúbida que FEI vai bater a marca de xornadas de líder que ten Corredoiras nas Rías Baixas. Corredoiras comezou co seu normal dominio e parece que pode revalidar título.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *