Xoves, Novembro 7, 2024
Sin categoría

XOTRAMU en VERONA no Campionato de S-Cianco (billarda que se xoga en Verona)

EQUIPAXE DE IREA para viaxar a Verona

A fin de semana pasada a LNB tivo a representación do equipo de billarda da Terra Chá que vestiu as camisetas de XOTRAMU. A capitana do equipo, Irea, soubo dirixir ben a nave. Estas son as súas palabras antes de subir ao avión,“pois, estou moi ilusionada en poder ensinarlles a variedade da billarda que xogamos aquí e que eles me ensinen tamén como se xoga alí. É unha oportunidade marabillosa e penso gozala ao máximo. Non é o meu isto das declaracións, jajaja. Pero, iso, que estou moooi contenta e teño moitas ganas de chegar xa!”. Despois dos primeiros encontros a palanadora chairega dicía, “ganamos tres partidas de catro. Quedaron flipados, jejeje, dixéronme que xogaba moito benne! Queríanme fichar… jajaja… A billarda desta zona de Italia é a Lippa. O S-Cianco é a modalidade que só se xoga en Verona”.

 

 

Lombardero pola súa parte afirmou no seu regreso á Terra Chá, “o puto xogo é moi complicado. Se tocas co pau no chan sen dar antes na billarda quedas eliminado. Micaghinaaaa, cando sacaba Irea poñíanse de cu. Unha pasada, a tía (Irea) nin se inmuta”.

MARTÍN facendo unha defensa chairega

 

Ismael García director técnico da Selección de Billarda da Terra Chá, facía esta análise da participación “o equipo que Irea escolleu foi un segundas espadas, consciente de que a súa forma física, psicolóxica e o seu xogo poderían dobregar aos rivais”. Con Irea estiveron formando o equipo subcampión do Torneo, Noelia (tradutora), Kiko (avituallamento e representación institucional), Martín (relacións públicas) e Lombardero (fotógrafo).

RESULTADOS GALIZIA 3 vitorias e unha derrota 2ª posición por detrás de VERONA

 

Algunhas fotos do Torneo Internacional de S-Cianco

IREA

 

KIKO

 

GALIZIA-ISTITUTO LEVI
GALIZIA-POLA
GALIZIA-VERONA
LOMBARDERO, MARTÍN, IREA, KIKO, NOELIA, no aeroporto coa alegría na faciana (Kiko tamén está contento!!)

Parabéns, compañeiras e compañeiros por seguir divulgando este xeito tan noso de xogar billarda como unha maneira de convivir deportivo e cultural. Grazas por lembrar que as raíces da humanidade son pacíficas e viven en comunidade coa terra que as acubilla.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *