Venres, Marzo 29, 2024
ActualidadeConferencia Noroeste

LNB NOROESTE 2ª xornada vindeiro domingo 22 set Eirís-A Coruña

Xa temos o cartel anunciador da próxima xornada da LNB Noroeste. Será o domingo 22 no campo de fútbol de Eirís.

 

As novidades do Noroeste pasan por un feito que vai deixar pegada no subconsciente colectivo. Este acontecemento fai referencia ao cambio, evolución, transformación, metamorfose ou maquillaxe dos logotipos ou emblemas de equipo. Deste xeito, se a comezos de temporada fora Campo da Feira quen mudara o seu símbolo, non sen certa controversia, agora semella que APB Santa Marta vai presentar en familia un vangardista deseño. Se a polémica coa representación visual da palanadora no campo da feira foi soada, que podemos esperar da incursión deste logotipo antisantoral. Si, compañeiras e compañeiros, o equipo da Laracha está decidido a retirar o nome da Santa de Betania, irmá de Lázaro e María, do seu emblema. Despois dos resultados da última finaLNB, “a fe move billardas” deixou de ser o lema do equipo larachés, polo tanto, queren tirar por outro tipo de valores máis laicos. En fin, o grafismo definitivo aínda non foi publicado, pero temos un dos borradores.

Aquí abaixo podedes ver as evolucións desta temporada no tocante a deseño gráfico. Que canda quen tire consecuencias.

 

De todos os xeitos, queremos abrir o debate sobre as profundas consecuencias que un deseño desacertado, cando non, ofensivo e desnaturalizado pode ter sobre os resultados deportivos. Entón, escribimos varias interrogantes para a reflexión.

 

Acaso a combinación de cores elixida por Campo da Feira non está prohibida en todas as Facultades de Belas Artes, por ser nociva para a saúde visual e psicolóxica de calquera ser vivo?

Arrincar de xeito espurio o nome dunha santa para sustituíla por unhas letras que ninguén sabe o que significan non traerá o tormento en forma de pérdida de praza de finalista ao final de temporada? 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *