Venres, Decembro 13, 2024
Actualidade

Nacemento dun equipo de billarda: CASTIÑEIRO MILENARIO

A actualidade da billarda está centrada en Begonte, berce do equipo de billarda máis novo da LNB. Para encontrar as raíces deste novo equipo debemos regresar ao 10 de agosto de 2013, cando un grupo de irredutibles palanadores da LNB acudiron para organizar o primeiro Torneo Aberto de Billarda no festival 27373. Deixamos esta foto histórica, como homenaxe a aquelas persoas que sementaron no souto de Begonte, por vez primeira.

PRIMEIRO ABERTO DE BILLARDA 2013, 10 de agosto, Festival 27373. BEGONTE

 

A xeito de benvida a Castiñeiro Milenario, temos un audiovisual sobre as tres primeiras pólas desta árbore billardeira, Xosé Manuel, Vanesa e Carlos. Este castiñeiro daranos sombra e acubillo nos momentos máis duros da canícula e nutriranos coa chegada do outono. Virán máis gallas, ben seguro, que fortalecerán de osíxeno esta árbore milenaria e ninguén esquecerá que sempre hai un primeiro paso, unha primeira semente…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *