Xoves, Marzo 28, 2024
Conferencia Rías Baixas

2ª xornada LNB RÍAS BAIXAS Sanxenxo-Montalvo sábado 14 setembro 2019

 

A segunda xornada LNB RÍAS BAIXAS celebrarase nun lugar inédito. Por vez primeira, xogarase na parroquia de Santo Amaro de Arra, no lugar de Montalvo, do Concello de Sanxenxo, ao lado da magnífica praia do mesmo nome.

O terreo de xogo será esixente, tanto polas súas dimensións olímpicas como pola superficie de terra mesturada con herba seca e non precisamente plano. Iso si, o terreo foi acondicionado perfectamente para que a altura da herba non impida ver as billardas.

Nos vindeiros días publicaremos un vídeo con imaxes do terreo de xogo para que os equipos vaian preparando o modelo de billarda máis axeitado. Cremos que o modelo ZOCA de CORREDOIRAS adáptase perfectamente. Os demais modelos van ter que usar apoio para facer saltar as billardas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *