Mércores, Decembro 11, 2024
Conferencia Noroeste

ROI REY quixo honrar ao seu apelido, mais… quedou en Príncipe

De novo as billardas dos xogadores e xogadoras das Rías Baixas que se acercaron a disputar esta primeira xornada da LNB NOROESTE voaron con eficacia sobre a verde alfombra. Desta vez foi o magnífico espazo de recreo da Cheda o que a expedición das Rías elexiu para demostrar o seu poderío. Así, conquistaron a vitoria en Absoluta por medio de Xan Rodiño (Lúa de Forza de Sanxenxo), segundo foi Roi, “O Príncipe de Cheda” de APB Santa Marta da Laracha, e terceiro, Viqueira (Malpica-Cochiqueiros de Malpica e Cerceda). Roi xa leva con esta 4 ocasións nas cales estivo a piques de ganar, pero, nunca puido superar o segundo chanzo do podio.

En categoría Feminina ganou Bego Ríos de Corredoiras de Bueu, segunda foi Lu de Lúa de Forza de Sanxenxo e terceira María Caride de Gharaboto de Marín. En Infantil ganou Abel Ponte, segundo Migui Cancela, os dous de Campo da Feira de Paiosaco e terceiro foi Miklos de Filloas de Sangue da Coruña. En Equipos ganou Campo da Feira, segundo Lúa de Forza e terceiro APB Santa Marta. Deste xeito o equipo de Paiosaco xa acada 44 xornadas consecutivas como líder da Conferencia Noroeste, ou sexa, a 11 xornadas de superar a marca absoluta LNB de 54 xornadas consecutivas que está en poder de Corredoiras.

Estupenda participación de 44 persoas, das que 9 foron mulleres e 8 de categoría infantil. Campo fenomenal de herba onde se viron golpes sensacionais. Entre estes golpes estiveron 2 varados estratosféricos que non tocaron o chan ata entrar no varal, un de Collazo e outro de Viqueira. Notouse a inactividade en algúns xogadores e o pouco descanso nocturno doutros, ao mesmo tempo, que quedou demostrada a realidade do potencial infantil desta Conferencia, representado por Abel Ponte e Migui Cancela. Os dous ocupan prazas de honor na clasificación xeral. Estes dous nenos da xeración XXI daran moitas alegrías ao mundo da billarda.

 

Podios

Categoría absoluta

Xan Rodiño (Lúa de Forza) Sanxenxo
Roi (APB Santa Marta) Laracha
Viqueira (Malpica-Cochiqueiros) Malpica/Cerceda

Categoría feminina

Begoña (Corredoiras) Bueu
Lu (Lúa de Forza) Sanxenxo
3ª María Caride (Gharaboto) Marín

Categoría infantil

Abel Ponte (Campo da Feira) Paiosaco
Migui Cancela (Campo da Feira) Paiosaco
Miklos (Filloas de Sangue) A Coruña

Categoría equipos

CAMPO DA FEIRA Paiosaco
LÚA DE FORZA Sanxenxo
3º APB SANTA MARTA Laracha

Clasificación individual absoluta

1.Xan Rodiño LÚA 27 puntos
2.Collazo FEI 25 puntos
3.Luís Pirucha GHA 25 puntos
4.Roi APB 21 puntos
5.Juanchi LÚA 20 puntos
6.Abel FEI 18 puntos
7.Migui Cancela FEI 18 puntos
8.Ricar COR 17 puntos
9.Kevin APB 16 puntos
10.Begoña COR 16 puntos

Clasificación feminina

1.Begoña COR 16 puntos
2.Lu LÚA 10 puntos
3.María Caride GHA 7 puntos
4.Mariña MAC 6 puntos
5.Merche APB 5 puntos
6.Cruz FEI 5 puntos
7.Aurelia FEI 5 puntos
8.Marta FEI 5 puntos
9.Carmela MAC 3 puntos

Clasificación infantil

1.Abel Ponte FEI 18 puntos
2.Migui Cancela FEI 18 puntos
3.Miklos FIL 7 puntos
4.Marc Varela FIL 5 puntos
5.Lucas Varela FIL 5 puntos
6.Souto FEI 5 puntos 
7.Marta FEI 5 puntos
8.Carmela MAC 3 puntos

Clasificación equipos

1.CAMPO DA FEIRA Paiosaco 76 puntos
2.LÚA DE FORZA Sanxenxo 64 puntos
3.APB SANTA MARTA A Laracha 55 puntos
4.MALPICA-COCHIQUEIROS Malpica/Cerceda 39 puntos
5.CORREDOIRAS Bueu 33 puntos
6.GHARABOTO Marín 32 puntos
7.FILLOAS DE SANGUE A Coruña 26 puntos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *