Xoves, Marzo 28, 2024
ActualidadeConferencia Noroeste

COMEZO DA LNB NOROESTE coa mensaxe do Voceiro Nacional

Certo que non sempre unhas imaxes valen máis que mil palabras, sobre todo, cando esas dez mil palabras son pronunciadas por unha das mentes máis reflexivas e cultivadas da LNB. Edu García Santiago publica un audiovisual descoidado en canto a son e imaxes, pero que me dicides desa mensaxe con cargas de profundidade!

 

 

 

Tamén, temos imaxes da xuntanza previa á elaboración do calendario competitivo do equipo organizativo de Billarda de Toxo. Non podía saír cousa boa vendo quen compoñía a mesa de negociacións, pero, sorpresa! Polo menos, actualizaron un dos logotipos máis arcaicos da LNB, o de Campo da Feira, no cal non aparecía referencia algunha a este deporte marabilloso da billarda. Pois ben, por fin, un logo moderno, inclusivo e de impacto, ademais de combinar cores fríos e quentes nunha composición difícil de percibir sen sentir un arrepío. O deseñador buscou o efecto de intimidar aos rivais con este efecto visual do logo, mais, pensamos que ese efecto tamén se produce nos propios xogadores e xogadoras de Campo da Feira.

 

 

 

Por outra beira, o mercado de fichaxes estaba bastante parado ata que nos chegaron estas imaxes nas que se ve aos dous grandes equipos do Noroeste, Campo da Feira e APB, ensinando as súas cartas novas para esta partida 2019-2020. Agora veremos se son quen de levar esas fichaxes das que presumen o domingo á Cheda.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *