Venres, Decembro 13, 2024
Actualidade

A PRENSA informa dunha evidencia científica: A BILLARDA É SAÚDE

 

 

A prensa xa ten motivos sólidos e fundamentados para informar sobre a billarda. Estes motivos son que este deporte tradicional xa superou os seus anos escuros e recuperou o pulo que tivo en séculos pasados. O modelo LNB de práctica da billarda foi un acerto enorme e a evidencia de que a billarda xa se practica por todo o país está á vista e ao oído de quen queira. Deste xeito, moitos son os xornais a día de hoxe que informan sobre a LNB: Sermos, El Progreso, La Comarca del Eo, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia-Bergantiños, Diario de Bergantiños, DxT, Diario de Arousa, Faro de Vigo e Diario de Pontevedra. Ademais, a Radio Galega no seu programa Galicia en Goles e a Cadena Ser da Mariña emiten a súas voces. Polo tanto, billarda sempre e adiante co varal !

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *