Venres, Marzo 29, 2024
Conferencia Noroeste

LNB NOROESTE comeza a liga

Para o comezo da liga no Noroeste temos unha novidade importante, por fin, Xulio Ponte conseguiu dominar o programa de deseño “Máis fácil imposible”, e renovou o logotipo de Campo da Feira.

 

A primeira xornada disputarase sobre a herba da Cheda. Despois haberá un churrasco con guarnición de chícharos e algas criadas nas leiras de Paiosaco.

 

Por outra beira, Gándara recomendou entregar xa o trofeo de Campión da Conferencia LNB NOROESTE 2019-2020, para ir adiantando traballo. Propuxo entregarlle o premio xa na primeira xornada a Collazo, quen aparece na foto de arriba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *