Xoves, Novembro 7, 2024
Conferencia Rías Baixas

Un xogador en idade infantil gaña a primeira xornada da LNB Rías Baixas xogada no Grove

No campo de fútbol do Monte da Vila reuníronse algo máis de 100 persoas, 73 das cales competiron na primeira xornada da Liga de Billarda da provincia de Pontevedra, integrados en 8 equipos. As demais persoas contemplaron desde as bancadas o magnífico espectáculo deste deporte tradicional que consiste en golpear unha billarda co palán, para introducir aquela no varal antes que o resto dos competidores e competidoras. Ademais de participantes do Grove e dos demais concellos do Salnés, achegáronse xogadoras e xogadores de Vigo, Compostela, Pontevedra e A Laracha. Salientar a participación dun xogador de billarda australiano que debutou co equipo de Poio, Armadiña. Tamén, sinalar que a participación feminina foi extraordinaria, foron 31 mulleres as que competiron nesta xornada, ou sexa, un 42% do total de participantes. Outra dato que fala da saúde da billarda é que participaron 5 nenos e 5 nenas en Categoría Infantil. En definitiva, na billarda compiten seres humanos sen distinción de idades, pesos, alturas, xéneros e gustos musicais, polo tanto, hai que recomendar a súa práctica. A billarda é un actividade físico e deportiva moi saudable.

Adriana (Valpaços Terra Quente)

No aspecto competitivo, Óscar Caldas de Armadiña de Poio subiu ao máis alto do podio. Corredoiras de Bueu gaña en Categoría de equipos. Elena González de Gharaboto de Marín foi primeira en Categoría Feminina. Ainhoa de Armadiña foi primeira na Categoría Infantil. A vindeira xornada xogarase en Sanxenxo o 14 de setembro.

Óscar Caldas vence na final a Xan Rodiño no golpe de desempate:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *