PRESENTACIÓN LNB RÍAS BAIXAS 1ª XOR O GROVE
A herba sintética do campo de fútbol de Monte da Vila (O Grove) xa está cortada á altura regulamentaria, nin moi alta nin moi baixa. O equipo local, Laxe de Rons, está facendo adestramentos intensivos para adaptar o novo deseño de billarda, o modelo mexillón. Se Corredoiras ten patentado o seu modelo zoca, o equipo grovense vén de rexistrar na oficina de patentes este novo e innovador modelo. Segundo afirma Gerardo Torres, a billarda mexillón vai revolucionar o mundo da billarda. Este deseño reune a fortaleza da cuncha do mexillón coa capacidade de filtrar a humidade que atesoura este molusco. Así, Martín, o mestre carpinteiro, adaptou a madeira de buxo a estas funcións tan apreciadas no golpeo de billarda.
En canto ao mercado de fichaxes, nada de nada. Os equipos esperan ata o último momento para ensinar as súas armas humanas. De novo, Corredoiras parte como equipo favorito a revalidar o título. Gharaboto será a alternativa a romper esta hexemonía do equipo de Bueu. Lúa de Forza e Armadiña estarán detrás destes dous grandes equipos. Despois, vén a zona media na que de novo Rinoceronte, Laxe de Rons e Valpaços intentarán escapar do título de pechacancelas. Veremos se se cumpren estas previsións ou se algún destes equipos se reforzou para superalas. Tamén, pode pasar que algún equipo se debilitara coa ausencia dalgún xogador ou xogadora. Para sabelo teremos que esperar a esta primeira xornada do Grove.
Para ter algunha referencia mirade os resultados das últimas dúas temporadas nas que se xogou no campo de herba artificial.
2017
2018
Afortunadamente… A BILLARDA LATEXA…