Venres, Marzo 29, 2024
Sin categoría

TAB San Xoán de Poio

       O sábado 22 de xuño celebrouse o Aberto de San Xoán no Campo Nacional de Billarda de Poio. Pasou case un mes desde as finais LNB 2019 e xa se notaba a necesidade, ansia, cobiza, degoxo, apetencia e o afán de golpear a madeira. A inactividade influíu de maneira importante. Aquí abaixo queda o documento audiovisual do primeiro paso da LNB Rías Baixas que inicia o camiño da nova temporada 2019-2020. No audiovisual aparecen unhas imaxes didácticas sobre como mover o corpo para golpear a billarda correctamente e como facelo para golpear o aire.

     Os medios de comunicación informan sobre o Aberto.

        A seguinte cita será o 6 de xullo en Marín, no Aberto das Festas do Carme. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *