Martes, Abril 23, 2024
Protagonistas

KEVIN e o TAB Raio de Sol

       Quen vexa o podio do TAB Raio de Sol pensará que se disputou na Terra Chá, pero, non máis lonxe da realidade, xa que foi na Laracha, o que pasa é que a xenerosidade desta xente é lendaria e quixeron corresponder a esta calidade recompensando aos palanadores que se desprazaron desde a chaira de Lugo. Deste xeito, os bravos e destemidos chairegos ocuparon todo o podio absoluto, confirmando a xustiza dos resultados da Conferencia Norleste na FinaLNB 2019.
CHOUSA

 

ALBINO

 

JAVIER

 

COLLAZO

 

AURELIA

 

CÉSAR

 

         Por outra beira, por fin, despois de 5 meses, Kevin contestou ao cuestionario TDLNB. Esta entrevista estaba programada para publicarse o mes de xaneiro, mais o pachorrento, calmoso, chachazudo e tranquilo xogador de APB decidiu tomarse o seu tempo para reflexionar as respostas. A verdade, as respostas telegráficas de Kevin dan conta dun mundo interior que se sitúa lonxe do entendemento da maioría d@s mortais… Vós mesmas, vós mesmos poderedes distinguir os síntomas e diagnosticar…

 

 

 

 

 

      Unha época da vida de Kevin, descoñecida para a maioría de seareir@s da LNB, foi a do seu paso por Hollywood. Despois de varios éxitos mundiais e de viaxar por todo o planeta, un día díxolle á súa axente cinematográfica Carmiña que lo dejo, que es muy estresante… Interesante no, estresante”. E deixouno. Foi daquela cando coñeceu a LNB. Desde entón, a súa adaptación aos escenarios menos sofisticados de terra, herba e asfalto foi perfecta.
Nome e apelidos: Kevin Tomé
Martínez
Lugar e data de nacemento:
1992-06-08, Compostela
Lugar de residencia: Meicende
Ano de debut: 2015
Equipo actual: APB Santa Marta
-Cando e como foi o teu primeiro
contacto co xogo da billarda e coa LNB?
  En Paiosaco, la billarda me descubrió,
Roi, el maestro.
-Que accións propoñerías para que
a práctica da billarda chegase á poboación escolarizada?
Dar charlas en colegios
-Que farías para que máis xente
xogase á billarda na túa comarca?
   Pues, hablaría con los políticos que
rigen mi comarca para que ayuden a fomentar. Por ejemplo, que dejen
utilizar campos a la LNB.
-Cales son as túas principais
virtudes como xogador de billarda?
    Golpe fuerte, primer golpe.
-Que aspectos técnicos, físicos ou
psicolóxicos debes mellorar?
    Creo que los psicológicos. Calmarme
cuando le pego a la billarda.
-En varias xornadas
estiveches a piques de subir ao máis alto do podio, que che faltou
para conseguilo?
    Psicología y concentración.
-Ordena estas
superficies de xogo segundo a túa preferencia: TERRA, HERBA, AREA,
ASFALTO, CEMENTO, PAVILLÓN
    Terra, asfalto, cemento, herba,
pavillón.
-Cales son a claves da evolución
que experimentou o teu xogo esta temporada?
    Pues, que tiro con más calma.
-Que opinas das túas posibilidades
para entrar no podio final da Conferencia?
    Cien por cien de posibilidades.
-A que xogadores vés con condicións
para ser Campións de Conferencia?
     Collazo.
-Que tería que suceder para que
esta temporada rematase o dominio de Campo da Feira?
     Que me dieras el número de eses
sicarios.
-Cales son as fortalezas e
debilidades de teu equipo APB SANTA MARTA?
     Fortaleza, nuestra pasión y nunca
rendirse. Debilidades ninguna, sólo cosas que mejorar (Julio).
-Cales son os teus obxectivos para
esta temporada, tanto individuais como colectivos?
     GANAR, GANAR, GANAR, GANAR, GANAR,
GANAR, GANAR, GANAR…
-Por fin podes
desvelarnos o misterio da túa procedencia. Eses ollos verdosos e
oceánicos indican unha orixe de ultramar e moita xente encontrou un
parecido asombroso entre ti e o gran actor actor inglés Ralph
Fiennes, que nos podes contar deste asunto?
     Pues nada, que son falsos
todos los rumores, yo soy de una tierra verde, como mis ojos, que
llueve mucho y cuentan que hay meigas.
-Tamén, se comenta
que desde que comezaches a seguir os métodos do mestre Julito Chang,
dar cera, pulir cera, quitar cera”, o teu xogo
brilla coma resplandor do Atlántico. Que nos podes dicir sobre isto?
     No es cierto, todo el
equipo me ayudó a mejorar mucho.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *