Xoves, Marzo 28, 2024
Sin categoría

BILLARDA … DEPORTE

     Hai datas que quedan na memoria colectiva de tribos, pobos e nacións. Para a tribo LNB son moitos os momentos imborrables, pois cada vez que nos xuntamos para xogar billarda é un instante irrepetible e único. Xa queda lonxe aquel domingo 16 de outubro de 2005 en Santo Adrao, Lourenzá (Lugo), no que se iniciaba esta aventura marabillosa chamada LNB. Sobre a terra compacta do campo da festa celebrouse a primeira xornada de liga. 
    Outra data relevante é a do 30 de novembro de 2007. Cando se escoitaron polos altofalantes do Teatro Rosalía de Castro da Coruña estas frases con peso de sentenza ou proverbio: 
“Somos orgullosos deportistas galegos e galegas, herdeiros da furia e da carraxe duns antepasados esnaquizados pola histora. O día de hoxe, coma o ferro quente na pel das bestas bravas quedará marcado coma o día no que o deporte da billarda saíu para nunca máis voltar……. á angustiosa cova do esquecemento”. (Xermán Viluba, na Gala dos Premios Nacionais do Deporte Galego 2007, cando recolleu o Premio á mellor iniciativa en Deporte Tradicional 2007, “A LNB”).

      Se no teatro Rosalía de Castro da Coruña, o 30 de novembro de 2007, a billarda saíu da cova do esquecemento,  desta vez, o 4 de xuño, un martes de 2019, quedará gravado coma o día no que a billarda recuperou a súa identidade deportiva. 









     Agora, queda esperar a que sexa recoñecida esta indentidade deportiva da billarda pola institución que ten asumida esta competencia, a Secretaría Xeral para o Deporte.

Un comentario en «BILLARDA … DEPORTE»

Deixa una resposta a eu Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *