CRÓNICA FIN DE SEMANA DE TABs
O comezo de xuño marca o inicio da pretemporada LNB 2019-2020. Unha semana de descanso e a caravana da billarda xa se desprazou a Xunqueira de Ambía (Ourense) e a Muimenta (Lugo). O lema desta campaña de verán da LNB é:
Ningunha festa sen billarda
ningún festival sen varal !
Como está de vacacións EGASA, o mellor corresponsal da LNB, as novas destes dous Abertos están chegando con grandes dificultades. Aínda así, sabemos que o sábado 1 de xuño, o campo de Sobradelo, en Xunqueira de Ambía foi acondicionado para a práctica da billarda usando tracción mecánica, pois o método de pastoreo foi prohibido polas autoridades gandeiras municipais, debido ás altas probabilidades de lipotimia entre vacas e ovellas, polas altas temperaturas reinantes. A quen non afectou a temperatura das 18h (superior aos 35 graos) foi a un puñado de afout@s palanador@s chegados das Conferencias do Norte e a algún nativo, que se enfrontaron á deshidratación no anfiteatro de Sobradelo con notoriedade e, sen apenas, esvaecementos.
![]() |
Antes |
![]() |
Despois |
A presenza do Coroceiro en Muimenta, o domingo 2 de xuño, Daniel R. Saavedra puxo ao Aberto de Muimenta no calendario dos máis destacados torneos de verán. Estamos esperando a información que nos envía o outro corresponsal en prácticas do Norleste, ISGA.