Xoves, Novembro 7, 2024
Sin categoría

MENSAXE DO COROCEIRO (xornada de reflexión antes da FinaLNB do 26M)

        Por fin, e como última mensaxe antes da Gran FinaLNB 2019, o Coroceiro dixo, ou para mellor expresar a realidade, o Coroceiro deixounos estas imaxes, ambiguas nun primeiro momento, desconcertantes nunha segunda fase, e cristalinas no remate.




  

        


       Pasa para arriba e pica primeiro no vídeo para visionalo… 





         Si, o Coroceiro está no continente africano representando a Europa na Intercontinental de Billarda. Veremos se é quen de acadar o título, de regresar en tempo e forma e de ser o primeiro palanador na historia en repetir Coroza Nacional. A verdade é que vendo o estado físico envidiable no que se encontra o Rino, e vendo eses glúteos brillantes e musculados como se foran esculpidos polas mans de Fidias, vai ser difícil que alguén supere no un contra un ao Rinoceronte con alma de León, Che Garrido Peleteiro.


     Ben, para superar o impacto brutal destas imaxes da vídeomensaxe do Coroceiro e para ter información suficiente que vos permita apostar na QUINILLARDA con certas posibilidades de acertar algunha das categorías en disputa, aquí quedan os elixidos e as elixidas para a gloria nas posicións que ocuparon nas correspondentes Conferencias. 


       O sorteo de grupos da Categoría Individual Absoluta está condicionado por dous criterios: 
-a designación de cabezas de grupo (1º e 2º de cada Conferencia).
-A non coincidencia destes cabezas con ningún 3º ou 4º da súa mesma Conferencia. 


   O resto dos integrantes do grupo sortearanse ao chou, ao azar ou ás toas, iso xa se decidirá alí.


       Na Categoría Individual Feminina usarase o mesmo procedemento, pero só coas primeiras e segundas clasificadas de cada Conferencia.





Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *