Luns, Outubro 7, 2024
Sin categoría

Previa fin de semana LNB NOROESTE

     Non descansa a LNB. O domingo electoral tamén haberá xornada LNB NOROESTE. Será en Malpica. 

       O eco da participación na xornada de Bretoña do alumno máis avantaxado da Roger Federer Academy de Lausanne, Tomás, chegou ata a tinta do Progreso de Lugo. Mais, o que non se sabe aínda, mentres non se publique a entrevista en exclusiva de Tomás para TDLNB, é que Federer é un gran xogador de billarda. Abaixo podedes ver a imaxe que confirma esta circunstancia. Quen lle ensinou a xogar ao xenio do tenis? Todo se saberá cando vexa a luz esa reportaxe. De momento, o que podemos comprobar é que a dereita de Federer seméllase moito ao golpe Tomasinha, que popularizou o xogador de Carabullo.
     A falta de dúas xornadas en cada Conferencia para finalizar a liga, as prazas de finalistas LNB están bastante definidas, polo menos, na categoría de Equipos. Se acaso, este domingo pódese certificar a segunda praza no Noroeste, pois APB ten vantaxe e só unha grandiosa actuación de MAC podería poñer en perigo a participación do equipo da Laracha na Final LNB 2019.
       Aquí queda o sistema de competición das Finais Nacionais do 26 de maio.

     Estas son as prazas que corresponden a cada Conferencia segundo a porcentaxe de participación.

      

        Así serían os hipotéticos grupos da Final de Equipos, sempre cos datos actuais das clasificacións e se non hai algunha baixa nos equipos. No grupo 1 os números 1 de cada equipo, no 2 os números 2 de cada equipo, e así sucesivamente. A orde de xogadores e xogadoras dentro de cada grupo haberá que sorteala.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *