Mércores, Decembro 11, 2024
Sin categoría

Azul ceo no marcador MURIEGO

      Por se fora pouco o atractivo de poder ver en persoa ao palanador-adestrador de fútbol Iván Alonso, agora tamén, na xornada de Pol, toda persoa participante poderá contemplar  unha das cousas máis valiosas da LNB, “O Muriego” (marcador oficial LNB). Desta vez, o Da Vinci de Tapia obsequiaranos cunhas láminas onde predomina a cor azul ceo. 
       Neste vídeopoema, o xenio de Tapia anuncia o Aberto de Pol de xeito explícito, mais nós fumos quen de descifrar o seu oculto Código Da Vinci no cal dá a entender que obsequiará cunha das súas estampas acrílicas a quen abra o ceo coa súa billarda. Para comprobar que billarda sube máis alto, @s xuíces de campo levarán un aparello especial de medición de altitudes, tamén creado polo inventor tapiego. En definitiva, esta xoia literaria presaxia unha explosiva loita a Ceo Aberto polo tesouro do Muriego marcador. Quen se vai perder ocasión como esta para furar a placenta do planeta? 
             Se na xornada das Estrelas 2019 da Pontenova, foi Sandra quen se levou o magnífico debuxo pola súa simpatía, esperamos que en Mosteiro quen se leve o tesouro do Muriego marcador faga, polo menos, iguais méritos que a palanadora de Troitas Bravas. 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *