Luns, Outubro 7, 2024
Sin categoría

DÍA DAS ESTRELAS 2019 A PONTENOVA

     O firmamento da billarda prepárase para celebrar o Día das Estrelas LNB 2019. A temporada pasada acudiron a este Día das Estrelas, disputado en Poio, no campo de Billarda da Seca, un número que foi marca absoluta, 89 persoas. Pois ben, as previsións de participación que fan en Troitas Bravas falan de preto de 80 persoas. Daquela, non queren desaproveitar esta ocasión única para establecer unha nova marca de participación. 
       Sachas porta por porta, Gutierrez ofrecendo tapa gratis a quen confirme a súa asistencia o sábado 16 de marzo, Sandra e Navallo colocaron clandestinamente un altofalante no camión e percorren o oeste asturiano anunciando tal evento. Noé, cun ombreiro en mal estado, dedícase ao labor intelectual, ou sexa, está dándolle voltas a como coordinar a presenza de tantos xogadores e xogadoras na Pontenova. Nunca tal viran. Toño aproveita a súa capacidade camaleónica e está visitando os centros de saúde da comarca para animar a practicar billarda como hábito de vida saudable. 
     O tsunami do Atlántico tivo atrancos para contratar un bus e, finalmente, esta tribo marítima vai usar o BILLARDACAR, unha modalidade de compartir vehículo e custo entre palanador@s. Esperan arribar medio cento de almas e corpos coa simple intención de devorar o que se lles poña por diante. Avisadas están as Bravas Troitas ! A empresa non é doada! 
       De momento, estes son os documentos secretos que conseguimos descubrir nun ataque informático aos arquivos de TRA. Quédanos por atopar os papeis da modalidade 3 x 3. Cando o noso axente secreto EGASA sexa quen de asaltar a fortaleza do Local das Asociacións publicaremos o resto dos documentos.  

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *