Martes, Decembro 10, 2024
Sin categoría

CRÓNICA 9 xornada NORLESTE 14 xornada NOROESTE

       O Muriego nunca nega a evidencia e esta evidencia fixo refregar os ollos a máis dun ser humano que se dou cita sobre a Praza dos Remedios de Mondoñedo. 

“Si, si, si, si, a Cortón, 
non lle sabe o lacón, 
mais o chaínzo papa, 
na gorentosa tarta”.

    Este estrofa de catro versos foi recitada unha e outra vez camiño da Terra Chá polos seus compañeiros e compañeiras de equipo que o trasladaron ata a chaira en carroza. Cortón emocionado por tal demostración de afecto e aprezo non tivo palabras… literalmente, non tivo palabras para agradecer o detalle. O certo é que a estas horas Cortón aínda non apareceu pola casa. Segundo as últimas informacións o talentoso palanador botouse abaixo da carroza na Pontenova. Vai concentrarse toda a semana previa ao Día das Estrelas LNB, pois non quere perder a maxia que mostrou en Mondoñedo. 

       A formación da Pontenova, Troitas Bravas, presentouse en Mondoñedo con intención de levarse o primeiro premio en comparsas… e conseguírono. O que xa lles quedou algo máis lonxe foi o triunfo despois das 5 carreiras da xornada. De todos os xeitos, tiveron unha grande actuación e chegaron aos 75 ptos, só superados polos 76 de Carabullo e os 81 de Billardeiros Musicais. 
       O equipo da Pontenova presentou unha manchea de profesionais en diversas disciplinas, bombeiro, revolucionario, cirurxán, actriz e actor cómicos, obreir@s, labrega, e despois, tamén estaba a fera de Ramón. Pero, é meridiano que nos lles compensou pagar un día de salario co plus de fin de semana a estes afamad@s profesionais.


       En definitiva, os puntos son os puntos e a xornada tivo estes números:

     


Despois desta xornada as clasificacións quedan do xeito seguinte

1DANIELBMU180
2MANU POZOBMU177
3CHOUSACAR176
4SACHASTRA170
5REGUEIROTRA168
6ALBINOCAR163
7ISMAELCAR162
8PEPE OUTEIROCHA159
9CHARLYCAR158
10CORTÓNCHA154
11MARKYTOSBMU151
12GENIBMU148
13JORGEREM146
14DAVID NAVALLOTRA146
15NOÉTRA144
16PEPE VIDALCHA140
17FRANCOBMU135
18PAULACHA135
19MURIEGOREM134
20MANOLOTRA132
21SANTICAR131
22RUBÉNCHA129
23MANUPOL121
24IVÁN ALONSOBVE120
25MILIOREM119

 

Equiposptos
1CARABULLOPONTE DE OUTEIROCAR709
2BILLARDEIROS MUSICAISRIBADEOBIL698
3TROITAS BRAVASA PONTENOVATRA679
4CHAÍNZOS-CADAVALCASTRO DE REICHA642
5REMOURELLE BULLSREMOURELLEREM540
6BILLARDA VERDECASTROVERDEBVE461
7POLKA MISERIAPOLPOL303

FEMININAEQUTOT
1GENIBIL148
2PAULACHA135
3SARAPOL96
4LORENACHA90
5ANACHA74
6LOLA EIRASPOL68
7MARICARMENTRA60
8SANDRATRA46
9LUCÍAREM43
10CARMETRA31
11CHINITATRA31
ANA CHAÍNZOS-CADAVAL

PAULA CHAÍNZOS-CADAVAL

SANDRA TROITAS BRAVAS

SARA POLKA MISERIA

CONFERENCIA NOROESTE
    O pavillón non ten compaixón co pulso dubitativo e se non endereitas o golpe non tes nada que facer, se o que pretendes é ganar a xornada. Este territorio cuberto agrada a certas persoas e desagrada a outras tantas. O certo é que nesta xornada o equipo APB deu un paso fundamental para asegurarse a praza de finalista LNB 2019, xa que, meteulle un bocado de 26 ptos ao equipo MAC, debilitado polo entroido de Cerceda, que se levou por diante a Berdillo e a Viqueira, ausentes na xornada. Sospéitase que o de ir xogar a pavillón foi un plan artellado polo Rei V de Santa Marta, quen estivo toda a semana con letanías e rezos ante o altar de Santa tan milagreira. 
      Óscar Ponte non ten rival cando se trata de precisión, e sobre a superficie pulida do pavillón foi capaz de derrotar ao supercampión Collazo, quen de novo incrementou as súas estatísticas de varados con 4 máis. Tamén, sabemos de fontes de verdade e ciencia que o enfrontamento de semifinais entre Edu e Collazo estivo rodeado de moita tensión, pois, Collazo non tiña necesidade de máis ptos para asegurarse a primeira posición, xa que, Juan Carlos quedara eliminado e fixera menos ptos que el. En cambio, a Edu facíanlle falta os ptos para acercarse a Lito Pena na xeral. Pois ben, non houbo acordo nin manipulación da competición. Así, a pesar da insistencia de Edu, Collazo mantivo firme o seu ideario revolucionario marxistaleninista que non admite privilexios nin prebendas. “Por moi mediatico e aristocrático que sexa o EGASA, conmigo non van as súas artimañas”, dixo Collazo.

Despois de sumados os ptos as clasificacións quedan do seguinte xeito

CRUZ CAMPO DA FEIRA
ÓSCAR PONTE

COLLAZO

ÚLTIMAS NOVAS

      E sen solución de continuidade xa está aquí o Días das Estrelas da Billarda 2019. A Pontenova prepárase para recibir ao tsunami do Atlántico. Desde as provincias occidentais do país espérase a chegada de medio cento de persoas coa intención de iluminar as instalacións do campo da mina con estrelas, asteroides e cometas da billarda atlántica. Está decretado o código vermello na Comarca ante a chegada de tal firmamento de luz. Sobre todo, o que máis preocupa ao equipo organizador é ter marisco de caldeiro suficiente para satisfacer apetitos tan distinguidos. En fin, non se pode perder acontecemento tan sobranceiro. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *