Venres, Abril 19, 2024
Sin categoría

PREVIA das xornadas NORLESTE e NOROESTE da fin de semana

      A LNB colle rumbo ás finais Nacionais 2019. Esta fin de semana, a tribo da billarda terá cita en Mondoñedo, o sábado 9 de marzo, e en Malpica, o domingo 10 de marzo. As clasificacións están que arden e coa primavera chegan as últimas oportunidades para encontrar unha das prazas que dean dereito a participar na Final LNB 2019, do 26 de maio en Compostela.
      Antes do Día das Estrelas LNB do vinceiro 16 de marzo na Pontenova, as Conferencias Norleste e Noroeste teñen xornada de liga. Na Alameda dos Remedios de Mondoñedo e en medio do Entroido, quen será capaz de disfrazar as súas debilidades e superar tanta inactividade acumulada durante o parón invernal da Conferencia Mai? Sobre o terreo de Leiloio (Malpica) seguirá a pugna entre APB e o renacido MAC para ver de conseguir billete para Compostela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *