Venres, Abril 19, 2024
Sin categoría

CRÓNICAS xornada 13 LNB RÍAS BAIXAS e NOROESTE

        A 13 xornada da LNB Rías Baixas tróuxonos o triunfo incuestionable de Ricar que conseguiu o pleno de ptos. A primeira vez que sucede na temporada. O de Corredoiras fixo 25 na fase de grupos máis todos os ptos que se xogan na fase de cruces, para conseguir un total de 32. Estes ptos sérvenlle para endereitar a súa traxectoria e confirmar a terceira praza, pois levaba 3 xornadas sen superar os 15 ptos, algo inusual para un Coroceiro Nacional (2015). Sobre o asfalto do muelle da Arnosa as billardas graníticas de buxo, extraídas do viveiro de Chans, arrastrábanse durante 30 ou 40 metros polo chan sen moito esforzo. Cousa que deixou algo sorprendidos e desconfiados ao resto dos equipos, xa que, curiosamente a actuación de Corredoiras foi algo fóra do normal. Tiveron a tres xogadores na final a catro. Ricar, Salva e Lito, todos con billardas de buxo cun peso fóra do común e cun deseño nada habitual. En definitiva, o comité de competición está repasando os vídeos para ver se encontra algunha irregularidade nestes instrumentos do demo, que son as billardas de Corredoiras, pesadas coma discursos de Fidel Castro. 

 

RICAR

TAXEIRO

CHO

GELÍN

ELENA GLEZ

ÓSCAR CALDAS

OUTEIRO

LAU

Así quedan as clasificacións nos seus primeiros postos:
NOROESTE

      Baixo o ceo azul da Silva (Cerceda) e sobre o esmeril das baldosas da Feira das Nenas, as billardas sufriron para non deixar a pel no intento. A análise dos resultados desta 13 xornada  deixa en evidencia a varios xogadores e unha xogadora. Deste xeito, o terreo ocre da Silva non tivo misericordia con Julio Vilas, Merche, Berdillo, Cotelo, Enrique e Edu, que estiveron moi por debaixo do seu potencial billardeiro. Así, deles só Enrique e Edu chegaron aos 10 ptos. En definitiva, o cambio de frío a calor, non sentou ben en certo tipo de constitución afeitas aos rigores das temperaturas xélidas. 
       Tamén, produciuse outra circunstancia salientable. O desaparecido, o morto vivente, o resucitado, un dos cadáveres que deixou polo camiño Cochikeiros, na súa dilatada traxectoria LNB, Mosquera, o “Zombi cochika”, despois de 5 anos no máis alá, reapareceu sobre un campo de billarda. Pero que aparición! Con Mosquera no campo, MAC empatou a xonarda con Campo da Feira e acercouse á segunda posición da xeral de xeito perigoso para APB. 
O ZOMBI COCHIKA, Mosquera
      
             Viqueira estivo imperial e só unha mañá brillante nos momentos decisivos de Collazo foi quen de impedir a vitoria do de Cerceda. Viqueira foi quen máis puntos conseguiu e coa axuda de Lito Pena, que recupera a terceira posición da xeral, Luís Mato e Mosquera, a piques estiveron de dar a sorpresa na categoría de Equipos.
VIQUEIRA

      O galán de APB, Kevin, segue en forma e de novo estivo no podio. Falta ben pouco para que Kevin acabe de dar o último paso, o máis difícil, o paso final. El que está acostumado a seguir o ritmo cos seus pés, cando se enfronta nunha final a 3, cousa que xa lle sucedeu unhas cantas veces, empeza a sentir un mareo que fai que perda o ritmo e as pernas lle treman máis da conta. En definitiva, o danzarín de Santa Marta ten un futuro e presente extraordinario, mais chegan músicas rápidas que deberá bailar, pois MAC asoma o fociño a esa segunda posición da clasificación de equipos. 

KEVIN 

     Collazo comeza a marcar o territorio de cara ao final de temporada. Collazo non foi quen máis puntos fixo na fase de grupos e incluso na última carreira non entrou no varal. Foi segundo do seu grupo.  Despois, tivo un enfrontamento, un duelo baixo o sol, contra Roi Rey, no cal, despois de empatar as dúas carreiras e verse contra as cordas na carreira de desempate, solucionou o envite cun varado, o único que se conseguiu en toda a xornada. A partir dese momento, non tivo piedade con ninguén e xa ganou todas as demais carreiras. De novo, a Cordobesa trouxolle estabilidade nos momentos defensivos e afouteza nos instantes do remate final diante do varal.
COLLAZO 

    O triunfo de Miguel na categoría infantil xunto coa ausencia de Abel Ponte, permitiron que o pequeno Cancela subira ao máis alto da Xeral Infantil despois de sumar 11 ptos e ganar a xornada. A pesar da súa loita desigual contra o talentoso e algo maior en idade, Abel, Miguel vaille poñer as cousas difíciles ata a última xornada. Outro xogador que é puro instinto é Lucas Varela, descendente de Ladito, e quen empatou con Miguel a puntos. Non tivo unha boa mañá Marc, outro da fábrica de Ladito, cousa que aproveitou Carmela para arrebatarlle o terceiro posto.

MIGUEL CANCELA

     Agora as clasificacións quedan deste xeito:

6 comentarios en «CRÓNICAS xornada 13 LNB RÍAS BAIXAS e NOROESTE»

  • TODO MOIU BONITO, PERO… NON HAI QUE ESCONDER O ACONTECIDO NA XORNADA DAS RÍAS BAIXAS
    XORNADA TOTALMENTE ADULTERADA E IRRESPETUOSA CO EQUIPO QUE LLE TOCABA LEXITAMENTE ORGAIZAR (CASELLEDIN), BOTANDO POR TERRA TODO O TRABALLO FEITO E ILUSIÓN POSTA NA XORNADA, TROCANDO TANTO O EQUIPO ORGANIZADOR COMO O LUGAR DE XOGO, SIN MOTIVO ALGÚN QUE ASÍ O REQUERISE, SIN RESPETAR O CALENDARIO (GOLPE BAIXO ÓS LEXITIMADOS PARA ORGANIZAR).
    OS DELEGADOS, NA MAIORÍA DO CASO NON LEXITIMADOS (POIS NON CONSULTARON COS INTEGRANTES DO SEU EQUIPO), PREGÁRONSE ÓS ANTOXOS PRE-PARTO DALGÚNS/AS.
    GAÑOU A ARTIMAÑA ANTIDEPORTIVA E IRRESPETUOSA; OS DEMÁIS QUE "BAIXARON OS PANTALÓNS" RECOLLERON AS MIGALLAS.
    ALGÚNS EQUIPOS TEÑEN POR BANDEIRA A FALTA DE RESPETO Á COMUNIDADE BILLARDEIRA, O EGOÍSMO E O MANGONEO.
    SEN MÁIS, SACADE CONCLUSIÓNS

    Resposta
  • Pois non sei para que foi ata alí e logo insulta sen poñer o seu nome

    Por certo, imaxino que vostede , sempre desde a valentía que dá o anonimato , tamén baixou os pantalóns e seguramente os segue levando así pois aínda non se deu de conta. Menos mal que só pasaron dous días e non fixo frío , senón xa estaríamos falando dunha desgracia pois nos veriamos enternamente privados dos seus constructivos comentarios

    Resposta
  • Vaia; un anónimo criticando a outro por non identificarse.
    Eu, tamén dende o anonimato estou plenamente dacordo co primeiro comentario, e se non queren estas críticas, que pondere o "fair-play".
    Non sei de onde saca o "que foi ata alí", pois non queda claro que así foxe. Eu sí fun "ata alí", posto que naide me vai cohartar ese dereito. Outra cousa é estar dacordo ou non.
    Deben erradicarse esta clase de actuacións e ponderar o "fair-play" polo ben da billarda; caso contrario, iremmos a menos. Creo que xa non contaremos máis con Caselledín.
    Saúdos billardeiros

    Resposta
  • Bueno, bueno… suavicemos a cousa.
    Como diría un tal Rajoy "todo es mentira salvo algunas cosillas"
    O que está claro e que non gustou a varios xogadores o saltarse o regulamento. Así que a crítica haberá que asumila dentro dunha orde.
    Unha pena o de Caselledín.
    Saúdos a todos de CAROLO

    Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *