VINDEIRAS XORNADAS Rías Baixas e Noroeste
O inverno está mostrando o seu músculo e isto supón usar os pavillóns en moitas xornadas LNB. Esta época é máis favorable para quen se adapta a esas superficies rápidas e inmisericordes coa pouca puntería. Deste xeito, todo é posible. Aínda así, as clasificacións mostran a tendencia de cada quen con bastante nitidez. O obxectivo de ser campión de Conferencia pensamos que xa se reduce a 3 xogadores na Conferencia Rías Baixas e a 2 xogadores na Conferencia Noroeste.
A outra zona quente da clasificación é a que inclúe as últimas prazas que darán dereito a participar na Final LNB 2019. Neste instante Salva ocupa esa última praza empatado con Alberte, a 3 ptos ten a Chicho, a 6 ptos a Elena Glez. Despois veñen Martín, Oscar Caldas, Benito, Lu, Gelín, Chichí, Gerardo Torres, Vixo, Elena Sabarís, Alfonso e Diego, quen están aínda a tempo de alcanzar esas últimas prazas. Isto significa que moitos xogadores e algunha xogadora apretará nestas últimas xornadas de inverno para marcar diferenzas, cousa que en pavillón pode darse con máis facilidade que en exterior.
16 | CRIS | RIN | 139 |
17 | SUSO | GHA | 138 |
18 | MANOLO FARIÑA | GHA | 136 |
19 | CHARRI | COR | 133 |
20 | LUÍS GON | GHA | 133 |
21 | CAROLO | LÚA | 133 |
22 | ÁLVARO | GHA | 130 |
23 | SALVA | COR | 125 |
ALBERTE | RIN | 125 | |
CHICHO | LÚA | 122 | |
ELENA GLEZ | GHA | 119 | |
MARTÍN | LAX | 118 | |
OSCAR CALDAS INF | ARM | 116 | |
BENITO RESILLE | COR | 113 | |
LU | LÚA | 109 | |
GELÍN | GHA | 107 | |
CHICHÍ | LAX | 106 | |
GERARDO TORRES | LAX | 104 | |
VIXO | ARM | 99 | |
ELENA SABARÍS | ARM | 98 | |
ALFONSO | VAL | 97 | |
DIEGO | ARM | 96 |
Corredoiras e Lúa de Forza son os equipos máis fortes, polo momento. O equipo de Bueu ten bastante vantaxe sobre o de Sanxenxo. A outra praza de podio tena Gharaboto, con moita diferenza sobre Armadiña. Veremos se a xuventude do equipo de Poio poderá ameazar ao equipo máis veterano de Marín.
O Título Feminino vai estar entre 2 xogadoras. Despois de 5 anos de dominio absoluto de Bego Ríos, por fin, saíu unha competidora que lle vai esixir ata o final. Adriana, a máis nova das competidoras nesta categoría e actual Campioa LNB, é unha realidade que está demostrando o seu nivel. Agora ben, Bego ten un potencial enorme e seguimos considerándoa como a gran favorita para revalidar o título, sería o 6º consecutivo.
A última praza de podio será cousa de Elena Glez, Lu e Elena Sabarís. Xogadoras, as dúas primeiras, de gran historial de triunfos e a terceira, Elena Sabarís, unha xogadora de gran proxección. Xogadoras as tres acostumadas a subir ao podio das xornadas, e que en algún momento estiveron moi preto de lograr o triunfo absoluto en algunha xornada desta Conferencia. Polo tanto, espectáculo garantido de aquí ao final de liga.
A última praza de podio será cousa de Elena Glez, Lu e Elena Sabarís. Xogadoras, as dúas primeiras, de gran historial de triunfos e a terceira, Elena Sabarís, unha xogadora de gran proxección. Xogadoras as tres acostumadas a subir ao podio das xornadas, e que en algún momento estiveron moi preto de lograr o triunfo absoluto en algunha xornada desta Conferencia. Polo tanto, espectáculo garantido de aquí ao final de liga.
O equipo feminino campión do ano pasado, Valpaços Terra Quente, está sendo posto a proba pola escadra de Gharaboto, quen coa incorporación de María Caride, introduciu xuventude e calidade no seu cadro de xogadoras. Este ano non vemos a Valpaços tan favorito coma a temporada pasada. En definitiva, a ninguén sorprenderá que Gharaboto se leve o título este ano, se ao final o consigue.
NOROESTE
O Título será cousa de Collazo e Juan Carlos. A outra praza de podio estará no aire ata o final, pois, ademais de Lito Pena e Edu, que xa estiveron o ano pasado loitando, este ano sumáronse Roi Rey, Xulio Ponte e Kevin. Por outra beira, entre estes 5 xogadores hai representantes de 3 equipos, cousa que lle engade un ingrediente de rivalidade moi interesante.
En canto á zona quente das últimas prazas de finalista LNB, a cousa non dá tregua. Os filloeiros, L. Fontán e Gándara, que neste momento están dentro das prazas, non respiran tranquilos, xa que, Enrique, Cotelo e Merche písanlle as sombras.
O título de equipos irá, un ano máis, para Campo da Feira. A segunda praza, que dá dereito a disputar o Título LNB a finais de maio, semella para APB, pois na última xornada deron un golpe enriba da herba das Encrobas. Agora, están 36 ptos por diante de MAC. Aínda así, o equipo da Laracha non pode descoidarse debido a que teñen un cadro de xogadores moi reducido e calquera ausencia ou lesión dun/ha xogador/a podería ofrecer a MAC a oportunidade de acercarse.
A categoría feminina ten unha ganadora indiscutible, que é Merche de APB. Onde haberá loita cerrada ata o final é nas outras dúas prazas de podio entre Cruz e Mariña.
FEMININA | EQU | TOT |
MERCHE | APB | 130 |
CRUZ | FEI | 69 |
MARIÑA | MAC | 67 |
CARMELA INF | MAC | 32 |
AURELIA | FEI | 30 |
Na Categoría Infantil, Abel semella o claro favorito, mais Miguel Cancela, a pesar da súa curta idade non lle vai alfrombrar o camiño ao de Campo da Feira. A diferenza de forza entre os dous é evidente e só o tempo corrixirá esa circunstancia, mais a evolución de Miguel está sendo asombrosa, entón, veremos grandes golpes e épicas xornadas de ledicia infantil no Noroeste. Quen queira ilusionarse co xogo da billarda que se acerque a ver xogar a estes dous espléndidos xogadores de billarda.
ABEL | FEI | 120 |
MIGUEL | FEI | 112 |
MARC | FEI | 85 |
MIKLOS | FIL | 61 |
LUCAS | FEI | 33 |
CARMELA | MAC | 32 |
ÓSCAR GARCÍA | MAC | 30 |
ADAHI | FEI | 13 |
MARTA | FEI | 12 |
IAGO | FEI | 10 |
JUAN | MAC | 7 |
JOAQUÍN | APB | 5 |
SANELA | FEI | 5 |