TODOLNB fala con… Daniel Rodríguez Saavedra
Daniel
é un dos xogadores emblema da LNB. Os seus logros deportivos
levárono a ocupar o posto 4 na Clasificación Histórica de Títulos
Individuais LNB. Nas outras Clasificacións Históricas, Varados e
Xornadas LNB, está segundo e terceiro, respectivamente. E ollo que
aínda non cerrou o seu ciclo de triunfos. Na última xornada de
Castro de Rei conseguiu a vitoria, cousa que lle permitiu acadar a
primeira posición da xeral. Daquela, esta temporada pode agrandar a
súa lenda como un dos palanadores máis laureados da historia.

Os seus maiores logros individuais foron a consecución do Título LNB de Varados no 2011 e o Título de Coroceiro Nacional LNB no 2013. Tamén, ten 2 Títulos de Conferencia Norleste e outros 2 de Conferencia Noroeste.
En
canto ao triunfo en xornadas LNB, son 27. Conseguiu vitorias en todas
as Conferencias que existiron ao longo da historia da LNB, excepto na
Conferencia Rías Baixas, a cal se lle resiste, pois 3 veces quedou
de segundo. Abaixo aparecen os 9 triunfos na Conferencia Norleste, o
máis recente na xornada 7 do 12 de xaneiro en Castro de Rei.

O seu xeito elegante de golpear a billarda unido a unha eficacia sobresaínte no impacto, convérteno nun modelo a seguir por outros xogadores. Creou un estilo propio e moitos dos xogadores que se incorporaron á LNB con posterioridade ao ano 2007 tiveron a Daniel como xogador a imitar. A súa técnica de golpeo é tan plástica que incluso cando erra o golpe de desprazamento da billarda (cousa que sucede moi poucas veces) é un pracer contemplar como a súa batuta de madeira se move sobre a partitura do aire. Son máis de 150 os varados que leva conseguidos.
Outros
aspectos destacados de Daniel son a responsabilidade, o compromiso, a
capacidade organizativa e unha infatigable insistencia no esforzo e
na busca da perfección. A estrutura loxística e de organización é
fundamental, aínda que moitas veces o esquezamos, para que a LNB
siga viva despois de 14 anos. Este traballo foi realizado durante
todo este tempo por moitas persoas. Nos comezos (2005) foron Ismael
Cabana, David Díaz e Xermán Viluba quen levaban o peso deste labor.
Despois, colleron o relevo no 2007, a xeración dos Remourelle Bulls
e dos Billardeiros Musicais, entre os que xa estaba Daniel. Desde
entón, Daniel é unha peza clave no aspecto organizativo da
conferencia e de toda a LNB.

Desde
mozo sentiuse atraído cara ao mundo da música tradicional. Neno
introvertido e reservado, Daniel, encontrou na gaita un xeito
magnífico de expresión que non lle poñía atrancos á súa
necesidade de comunicación. Aos 12 anos entrou na Asociación Follas
Novas, creada en Ribadeo para promocionar a cultura musical galega.
Tocando a gaita viaxou fóra de Galicia (Madrid, Arxentina). Tal foi
a influencia na súa vida da música que neste grupo onde el tocaba a
gaita, tamén bailaba unha nena alegre, vital e ben fermosa que
conquistou o tímido corazón de Daniel. Esa moza foi Geni, quen hoxe
é a súa esposa. Despois, tocou emigrar a Suiza. Xa de volta en
Galicia, Daniel rematará a súa vida laboral como empregado no
sector bancario. Durante moito tempo será profesor de Gaita (33
anos). A finais do 2014 deixará a Asociación de Amigos da Gaita,
pois, foise facendo maior e as novas xeracións teñen outro xeito de
entender o compromiso e a constancia que require aprender.

Sempre
foi, tamén, unha persoa con inquietudes deportivas. O fútbol, o
baloncesto, o fútbol sala, o atletismo… foron ámbitos nos que se
moveu. A súa gran paixón deportiva foi o fútbol sala e
co equipo Ros Mary de Ribadeo foi campión tanto provincial como
Galego. A mala sorte fixo que na súa etapa de fútbol se lesionara
nos ligamentos do xeonllo. Esta
inoportuna lesión foi a causa que o obrigou a deixar a práctica
dalgún dos deportes máis esixentes para as articulacións. Agora
conténtase con correr algunha proba de medio fondo, con montar en
bicicleta e coa billarda. Ademais, pasa moitas horas coa pesca,
afección que lle achegou Geni, a súa compañeira inseparable.
Tamén, vai a
clases de acordeón e gaita e pertence a un sen fin de asociacións.
A máis recente é o Clube de Petanca de Ribadeo. Tocou a tuba na
Banda de Ribadeo desde o ano 1992 ata fai uns 4 anos. Banda da que
foi presidente durante algún tempo.

Deste
xeito, no verán do 2007, reencontrouse cun xogo que xa practicara de
escolar e cunha liga de billarda (LNB) que se disputaba na Mariña.
Participou na creación do equipo Billardeiros Musicais, que co paso
dos anos se convertería no Equipo máis laureado da LNB. Levou con
el a familiares e compañeiros da música. Entre eles a Markytos, o
seu fillo, quen co paso do tempo chegaría a ser o actual número 1
da LNB. “É un exemplo a seguir, un home con temperanza,
paciencia, bo facer, perfeccionista e mañoso, o mesmo che fai unhas
billardas, un punteiro para a gaita, como che pon un enchufe ou che
pasa a aspiradora”, afirma o tricampión LNB, Markytos, “Un
tipo 10”.

fin, que mellor que as súas respostas ás nosas preguntas para
entender máis a personalidade do home honesto e tranquilo que chegou… do norte!

Nome
e apelidos: Daniel Rodríguez Saavedra
e apelidos: Daniel Rodríguez Saavedra
Lugar
e data de nacemento: 30 de setembro de 1949,
Ribadeo

de residencia: Ribadeo
de residencia: Ribadeo
Ano
de debut: 2007
de debut: 2007
Equipo
actual: Billardeiros Musicais
actual: Billardeiros Musicais
-Cando
e como foi o teu primeiro contacto co xogo da billarda e coa LNB?

Foi
de cativo, estudando o Bacharelato. No recreo, entre outros xogos, de
cando en vez xogabamos á billarda. O contacto coa LNB foi nun
campamento musical en Ribadeo no que lles fixemos ós cativos unha
xornada de xogos tradicionais. Aí empezou a miña andaina
billardeira.

-Que
accións propoñerías para que máis nenas e nenos practicasen
billarda?

Penso
que habería que fomentar os xogos tradicionais en xeral nos
colexios. Sería imprescindible a implicación dos educadores no
tema.

-Por
fin temos a oportunidade de preguntarche o que tanta xente quere
saber, cal é o secreto da túa eterna xuventude deportiva?

O
que din da apócema secreta é un conto. Sempre me gustou facer
deporte. Non é que me coide moito, pero tampouco fago grandes
excesos, agás momentos puntuais como son vodas, Entroido, foliadas…
e outros momentos festivos que xorden ao longo do ano. Pero, en
xeral, levo unha vida do mais normaliño. Deixei de xogar ao fútbol
por unha lesión de ligamentos e tiven que buscar outros
entretementos… algo de bicicleta, carreiras de medio fondo e
despois xa me metín de cheo coa billarda, que non require unha
especial preparación.

-Cales
son as túas principais virtudes como xogador de billarda?

Buff…!
Que queres que che diga? Creo que son bastante regular e sempre me
emprego ao máximo. Tamén me gusta coidar o material e telo sempre a
punto.

aspectos técnicos, físicos ou psicolóxicos che gustaría mellorar?

A
miña técnica é dálle como poidas, pero dálle. Ou sexa, penso que
a técnica a domino bastante ben. Gustaríame ter un golpeo máis
contundente, pero a forza é a que é. Psicoloxicamente gustaríame
saber e poder concentrarme máis, pero canto máis me concentro peor
sae o golpe, jaja.

-Ordena
estas superficies de xogo segundo a túa preferencia, TERRA, HERBA,
AREA, ASFALTO, CEMENTO, PAVILLÓN.

Terra,
herba, área, cemento, pavillón e asfalto.

-A
túa técnica de golpeo da billarda no aire é unha das máis
plásticas da LNB, poderías explicarnos a túa rutina á hora de
iniciar a fase de golpeo para o salto da billarda e na posterior fase
de golpeo para desprazala?

Carapio
iso é pedirlle peras ao olmo. Xa miña nai (que en gloria estea) me
dicía que tiña un aquel de elegancia natural, así que, será,
logo, algo que teño de serie, jeje.

foron as claves da túa vitoria no Aberto da Galiña de Mos?

Para
gañar un Aberto fai falta algo de sorte e non cometer erros. En
Castro as fadas boas botáronme unha man levando a billarda na
dirección correcta. O que me sorprendeu é que os contrarios
estiveran tan lonxe do seu nivel e me deixaran sacar tanta vantaxe.
En fin, obrigado.

son as fortalezas e debilidades de teu equipo Billardeiros Musicais?

Fortalezas
pode ser que temos todos un nivel aceptable e competimos ben. As
debilidades vense moi clariño nos respectivos DNI. Debemos ser o
equipo coa media de idade máis alta, so Markytos a baixa un pouco.

son os teus obxectivos para esta temporada, tanto individuais como
colectivos?

Persoalmente,
sempre vou a por todas e, aínda que agora mesmo vou en cabeza, se
quedo entre os cinco primeiros da Conferencia xa me conformo. E,
logo, en Santiago espero facelo algo mellor que os dous derradeiros
anos. Para o equipo desexo seguir estando entre os mellores e loitar
de novo polo campionato.

-Queremos
preguntarche por varios temas de actualidade na LNB. Os equipos da
Terra Chá están moi descontentos por non ter a ningún xogador nin
xogadora convocados para a disputa da Copa Cantábrica 2018. Ti
compartes a decisión de Flores de contar só con xente da Mariña?

Aquí
hai moita tea que cortar. Polo que eu sei, a convocatoria é aberta.
Pode ser que o seleccionador non domine aínda as novas tecnoloxías
e falle o sistema de comunicación seleccionador-seleccionados. Na
Mariña, dende sempre, adoitamos ter unha merluciña a man por si
fai falta para un apuro, non sei como levan o tema pola Terra Chá,
jeje.

que cres que tardou tanto Troitas Bravas (2011) en conseguir a súa
primeira vitoria nunha xornada LNB?

Supoño
que non sería por falta de ganas, pero a competencia é moita. Dos
catro equipos punteiros, calquera deles pode gañar en calquera
Aberto.

-Como
pensamos que aínda estarás en activo cando a billarda sexa un
deporte olímpico, quen cres que estaría disputando contigo unha
hipotética final a catro? Lembra que hai varios xogadores con
experiencia internacional na LNB.

Dicía
o raposo cando non chegaba as uvas: Non as quero que están verdes!
Jeje. Temos uns rapaces cunha calidade impresionante, Juanma,
Adriana, Manu Caldeiro, Abel Ponte, etc. etc., que son o futuro, pero
a carrada de veteranos que xogamos na LNB… hai que roelos…
Daquela, gocemos mentres poidamos porque auga que non has de beber…