Venres, Decembro 13, 2024
Sin categoría

CRÓNICA RÍAS BAIXAS e NOROESTE

       A
xornada 11 ten varios posibles titulares. O primeiro sería:

Ave,
Rinox.
Os
Rino renaceron das súas cinzas
      Despois dunha longa travesía polo deserto da vulgaridade competitiva, o rabaño con cornos volve a bufar. Un equipo histórico que subiu ao terceiro posto do Podio Nacional de Equipos LNB 2016, empeza a recoller os froitos daquela decisión de afrontar unha renovación traumática, onde o equipo decidiu prescindir de varios dos seus xogadores sagrados: Luís, Juanma, Iván, Albino, etc., e apostar por un proxecto de futuro coa incorporación de valores moi novos e inexpertos como Aki, Nanuq, Cesar, Gonzalo e José Manuel. Cris Coen, cineadipto, e Che, o arrepentido das gerrillas revolucionarias cubanas, resumiron o ideario dos Rino nun libriño, aínda sen editar, chamado “Sementar sementarei”, neste explican a estratexia do equipo de cara a futuros retos olímpicos. 

Outro
titular, tamén, bastante acertado sería:

As
augas volveron á súa canle
Os grandes favoritos das
categorías individuais xa ocupan a primeira posición na xeral.



E que me dicides deste outro:

Un
billardazo ben dado no labio 
é o camiño máis curto para chegar ao
podio
      Charri, quen estaba tendo unhas carreiras iniciais
mediocres, recibiu un billardazo de Gerardo Torres no beizo superior e, santo remedio, desde ese momento o seu rendemento foi excelente. Tanto foi así que
só perdeu a final no golpe de desempate contra Xan, e porque perdera
moito sangue e a súa musculatura resentiuse nese golpe final.

     Agora as clasificacións quedan do xeito seguinte (o número de prazas para a Final LNB 2019, neste momento, serían 22 máis a praza do Coroceiro actual Che). 

1XAN RODIÑOLÚA253
2JUANMALÚA246
3RICARCOR215
4FARICOR194
5RICARDO LOISLAX188
6LUÍS PIRUGHA186
7CHERIN184
8LUÍS CAMIÑAGHA181
9CHOARM174
10MANUARM174
11DANIELRIN159
13LITOCOR153
12BEGOÑACOR153
14ADRIANAVAL151
15TAXEIROVAL145
16CRISRIN139
17SUSOGHA138
18MANOLO FARIÑAGHA136
19CHARRICOR133
20LUÍS GONGHA133
21CAROLOLÚA133
22ÁLVAROGHA130
23SALVACOR125
ALBERTERIN125
CHICHOLÚA122
ELENA GLEZGHA119
MARTÍNLAX118
OSCAR CALDAS INFARM116
BENITO RESILLECOR113
LULÚA109

   


A día de hoxe segundo porcentaxe de participación o número de prazas na Categoría Feminina serían 11 máis a praza da campioa actual, Adriana. 

FEMININATotal
1BEGOÑACOR153
2ADRIANAVAL151
3ELENA GLEZGHA119
4LULÚA109
5ELENA SABARÍSARM99
6BELMIRAVAL78
7MARÍA CARIDEGHA65
8INÉSGHA61
9MARISALÚA61
10CHEFACOR58
11MARGA PUENTEGHA54
12ANAGHA50
15TANIAVAL46
16ZAIRAVAL46
13CASILDAGHA44
14AINHOA INFARM43
17MÓNICAGHA41
18MACHIARM37
19CHELIGHA34
20MARÍA GOLOCOR32

Na categoría de Equipos as prazas da Final LNB son 3. 

EquipoTotal
1CORREDOIRASBUEU872
2LÚA DE FORZASANXENXO835
3GHARABOTOMARÍN794
ARMADIÑAPOIO717
RINOCERONTEPONTEVEDRA646
VALPAÇOS TERRA QUENTEVIGO590
LAXE DE RONSO GROVE557
ANDARELAMEAÑO9
      A Categoría de Equipos Femininos só se disputa na Conferencia Rías Baixas, pois, polo momento nas outras conferencias non todos os equipos teñen o número suficiente de mulleres para poder competir deste xeito. 

EQUIPOS FEMININOSTotal
1VALPAÇOS TERRA QUENTEVIGO377
2GHARABOTOMARÍN366
3CORREDOIRASBUEU271
4ARMADIÑAPOIO244
5LÚA DE FORZASANXENXO171
6LAXE DE RONSO GROVE29
7RINOCERONTEPONTEVEDRA1
Breixo o palanador máis novo de Armadiña xa empeza a acercarse aos podios na súa categoría Chupete

Gerardo Torres o autor do billardazo terrorífico que lle abriu un labio a Charri

Cando Machi compite con Armadiña o equipo feminino sube o seu nivel. Esta xornada Armadiña quedou segundo en Equipos Femininos.

Carmen Pazos un exemplo de vida

Paco Vidal outro exemplo de vida 

Daniel e Che, un exemplo… a non imitar.

Os caprichos do terreo fixeron que esta billarda non entrara
CONFERENCIA NOROESTE
      Óscar Ponte foi o ganador da xornada e a expedición das Rías Baixas fracasou no seu intento de conquistar fama e prestixio. Desde o sur do país dous equipos, Lúa de Forza (4) e Corredoiras (4), dirixiron as súas naves cara ao Pontoxo coa saudable intención de marcar terreo de cara ás Finais LNB 2019. En definitiva, para meter medo aos palanadores e palanadoras do Noroeste. 
     Pois ben, os pacíficos xogadores e xogadoras das Rías Baixas encontráronse cun terreo de xogo intencionadamente preparado a xeito de trincheira. Un terreo cheo de trampas físicas en forma de farois, árbores e zonas de herba dentro do terreo asfaltado e zonas asfaltadas dentro do terreo de herba. En definitiva, un auténtico curro da rapa das bestas. O erro dos equipos sureños foi anunciar a súa asistencia á xornada do Pontoxo. 

CATEGORÍA FEMININA

 Agora a clasificación xeral Absoluta queda do xeito seguinte.

1COLLAZOFEI207
2JUAN CARLOSFEI196
3LITO PENAMAC173
4EDUARDOFEI168
5ROIAPB164
6XULIOFEI157
7KEVINAPB152
8GÁNDARAFIL143
9LOIS FONTÁNFIL139
ENRIQUEFEI139
COTELOAPB138
MERCHEAPB130
ELADIOFEI125
CHARLY VARELAFEI122
ABEL INFFEI120
JULIO VILASAPB116
BERDILLOMAC113
LUÍS MATOMAC113
MIGUEL INFFEI112
VIQUEIRAMAC108
Lito e Bego de Corredoiras empuxando a Abel (un dos xogadores máis en forma de Campo da Feira) para botalo fóra da pista de xogo e así asegurarse os puntos desa carreira. 

Edu con Luís o Canario. Como o mercado nacional está polas nubes o manager de Campo da Feira tivo que desprazarse ata Canarias para aproveitar os talentos das Illas, onde a billarda está considerada como deporte. 

Magnífico golpe de Miklos

Xulio Ponte o encargado de coidar o campo de xogo (menuda emboscada preparou o de Paiosaco!)

Julio Vilas tamén caeu na arañeira de EGASA (posición home araña)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *