ÚLTIMA HORA do sucedido no ABERTO DE LUGO
O Aberto de Lugo aínda
non se cerrou, continúa aberto, xa que, Troitas Bravas perdeu a un
palanador durante o desenvolvemento do xogo. Atende ao nome de
Brandon, de constitución atlética e non fala nin escribe o galego. O equipo dos fornos iniciou unha campaña informativa desesperada para encontrar ao palanador Brandon.

Quen máis afectado está é o seu descubridor e mentor, Sachas. Este xogador foi descuberto no Campus de Billarda Detroitas 2018. Campus que se celebra desde 2013 en Detroit, Michigan. Nada máis velo, o técnico de observacións exteriores do equipo, Sachas, soubo que este mozo tiña talento para golpear unha billarda. Pois ben, a súa fichaxe supuxo chegar ao límite salarial da franquicia, límite establecido pola LNB para protexer o xogo limpo financieiro. Despois de David Navallo, é o xogador mellor pagado do cadro de xogador@s. Todo isto, fai que a súa desaparición sexa unha moi mala nova para o equipo terceiro clasificado da Conferencia Norleste.
Temos imaxes que poden
aclarar os feitos sucedidos en Lugo. As investigacións céntranse en
tres sospeitosos, xa que, foron as últimas persoas que tiveron
contacto co de Detroit. Vós mesmas, vós mesmos podedes tirar
conclusións.

ÚLTIMA HORA!!!
Os xornais da mañá xa
confirman que O Home Araña de Paiosaco, tamén alcumado EGASA, está
sendo interrogado pola InterpoLNB, na súa sede da Praza dos Fornos da
Pontenova. Abaixo aparecen as imaxes que contribuíron á súa detención.

Esperamos que o palanador americano por fin apareza, para o ben das relacións Norleste-Noroeste, para o ben das relacións Troitas Bravas-Campo da Feira, para as boas relacións Sachas-Edu, en definitiva, para que a LNB continúe camiño do recoñecemento deste deporte marabilloso como modalidade olímpica. Adiante co Varal!