Luns, Outubro 7, 2024
Sin categoría

FIN DE SEMANA

       Co sabor amarguexo na gorxa da LNB, pola derrota en Asturias, a Conferencia Norleste prepara os varais para chantalos aos pés da Murulla de Lugo. Aínda se seguirá falando durante meses do Cantabriazo 2018, pero hai que salvar ao palanador Flores que regresou de Piedras Blancas conmocionado. A situación actual do seleccionador é que está en xaxún de carne de cortello desde o domingo. Veremos como lle afecta esta circunstancia no seu regreso ás pistas do Norleste, xa que, Remourelle, o seu equipo actual, está barallando a posibilidade de solicitar danos e prexuizos no caso que o de Reinante non rinda como nel é habitual. Que sucedería na fría superficie de cemento de Piedras Blancas? Algún día se saberá toda a verdade.
      Deixando de lado este triste acontecemento, diremos que volve a actividade da Conferencia Mai, coas clasificacións de equipos e individuais moi apretadas, tanto é así, que a ninguén estrañaría que houbese un cambio de líder en todas elas, ao rematar a xornada. Tamén, pode suceder que a superficie de herba dicte a súa lei de ferro e faga que Carabullo poña ptos por medio e se distancie do resto.  

Vemos o xesto meditativo de Flores despois da dura derrota galega en terras asturianas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *