Sábado, Abril 20, 2024
Sin categoría

PREVIA das xornadas Rías Baixas e Noroeste

      A fin de semana preséntase de xeito diferente na Conferencia Rías Baixas e na Conferencia Noroeste. Deste xeito, nas Rías Baixas, a sétima xornada a celebrar no Campo da Festa de Castrelo-Cambados, coñecido polo campo da Pulmonía, vén marcada polas esixencias dun terreo e instalacións só aptas para organismos incompatibles ao desalento. Vemos nas imaxes de abaixo como varios equipos enviaron a técnicos superiores en movemento de terras e estruturación de bancais, para deixar preparado o terreo para mañá.
     Por outra beira, no Noroeste o que preocupa é a situación dos equipos, xa que, o todo poderoso Campo da Feira móstrase invencible no terreo de xogo, mais, as diferenzas internas poderan acabar co seu reinado? Botando unha ollada á foto oficial do equipo de Paiosaco, vemos como tres dos seus máis salientables xogadores non visten a indumentaria do equipo (Enrique, Eladio e Edu). Entón, a pregunta é evidente, que pasa cos xogadores E? Están forzando a situación para buscar un traspaso? Recibiron algún incentivo de APB para rachar coa xeira de vitorias consecutivas de Campo da Feira? Despois, outra situación delicada é a de MAC. Este equipo, froito dunha UTF (Unión temporal de franquicias), ten en paradeiro descoñecido a dous históricos xogadores que proveñen de Cochiqueiros, o internacional Berdillo e Viqueira. Esta semana o equipo adoptou unha medida desesperada, pegou polas paredes das rúas de Cerceda carteis coas fotos destes palanadores.  

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *