Mércores, Decembro 11, 2024
Conferencia NoroesteProtagonistas

TODOLNB fala con… María Mercedes Castro Rama MERCHE

 

 

Nome
e apelidos:
MARÍA MERCEDES CASTRO RAMA “MERCHE”
Lugar
e data de nacemento:
CARBALLO
1972-06-04
Lugar
de residencia
: CARBALLO
Ano
de debut
: 2014
Equipo
actual
: APB SANTA MARTA
-Cando
e como foi o teu primeiro contacto co xogo da billarda e coa LNB?
O
meu primeiro contacto foi no Festival Terra Brava do Incio, no verán
de 2014. Fun con Julio vilas e Xosé Collazo. Ese día non xoguei que
me daba vergonza. Estiven toda a tarde sacando fotos, pero vin ganar
a Julio e empezoume a gustar. Empecei a xogar esa mesma temporada.
-Que
accións propoñerías para que a práctica da billarda chegase á
poboación escolarizada?
Penso
que a mellor maneira é acudir ás escolas e ensinarlles á rapazada
o divertido que pode ser xogar á billarda.
-Cales
son as túas principais virtudes como xogadora de billarda?

Pois, segundo o meu adestrador persoal, destaco polo meu empeño e
ilusión por facelo cada vez mellor.
-Que
aspectos técnicos, físicos ou psicolóxicos debes mellorar?

Creo
que debo mellorar en todos os aspectos, pero, tamén me vexo con
ganas de facelo.
-Ordena
estas superficies de xogo segundo a túa preferencia: TERRA, HERBA,
AREA, ASFALTO, CEMENTO, PAVILLÓN
Herba,
terra, asfalto, cemento, area e pavillón
-Que
opinas das túas posibilidades de clasificarte para a Final LNB na
Categoría Individual Absoluta?
Non
creo que teña moitas posibilidades de estar entre os dez primeiros
postos da miña Conferencia Noroeste, aínda que estou disposta a
intentalo. Sería marabilloso xogar unha Final LNB Individual
Absoluta, ao lado de Bego e Geni, que son o meu exemplo a seguir.
Admíroas moito.
-A
que outras xogadoras vés con condicións para disputarche o título
de Conferencia no futuro?
Véxolle
moita melloría no seu xogo a Cruz. Este ano está a facelo moito
mellor. Mariña tamén mellora día a día.
-Vés
posible que esta temporada remate o dominio de Corredoiras,
Billardeiros Musicais e Campo da Feira nas súas correspondentes
Conferencias?
Os
tres equipos son moi fortes, polo tanto, vai ser moi difícil botalos
fóra do primeiro posto.
-Cales
son as fortalezas e debilidades de teu equipo APB SANTA MARTA?
A
nosa fortaleza é a determinación e o empeño que poñemos en
mellorar, e a debilidade é que somos poucos xogador@s.
-Cales
son os teus obxectivos para esta temporada, tanto individuais como
colectivos?
O
principal obxectivo do noso equipo é gozar e pasalo ben. En canto a
min, seguir por diante de Julio Vilas, por suposto. Jajaja…
       Merche provén da fecunda comarca de palanadoras de Bergantiños. Foi descuberta pola atenta e precisa mirada de Julio Vilas, un dos máis destacados axentes de xogador@s da LNB. Os detalles exactos non os podemos narrar, pero, si podemos afirmar que nada máis vela, Vilas, xa apreciou a súa precisión de golpeo e o seu armado de brazo perfecto. Pensou para si que só había que pulir a colocación do seu tronco e a flexión das pernas. Dito e feito, levouna ata o Incio para que coñecese a esencia do xogo tradicional sobre un terreo rústico e silvestre, como nos vellos tempos. Despois daquela primeira experiencia, o perfume da madeira conquistou todas as células de Merche. O demais foi rodado. Visita ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, sesións intensivas de adestramento, alimentación frugal e… o seu talento innato floreceu.
     Na actualidade, Merche, está sendo a dominadora da Conferencia Noroeste en Categoría Feminina desde o 2016. Por outra beira, esta temporada o seu xogo deu un salto de calidade e está loitando polos postos que dán dereito a participar nas Finais LNB na Categoría Individual Absoluta.
       Salientar que Merche é a primeira persoa que ten a súa escultura no Museo de Madeira da LNB, no MUMAL. Así, a súa silueta foi magníficamente modelada polas creadoras mans do mestre Gándara, quen sacou o xesto perfecto e o volume exacto do anaco de madeira dentro do cal estaba metida Merche. Este Museo, con sede en Fornelos, tamén é coñecido polo alcume de GANDARAHEIM. A intención do seu fundador, José Gándara, é a de inmortalizar a tod@s @s palanador@s da LNB en formas e volumes que sabiamente saca da madeira.
 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *