Xoves, Marzo 28, 2024
Sin categoría

XORNADAS FIN DE SEMANA norleste-rías baixas-noroeste

 

      O pavillón de Reinante acolleu á familia billardeira da Conferencia Norleste. Antes do comezo da xornada 4, fíxoselle un acto de lembranza a Jorge Galdo, recentemente finado. Foi unha persoa que sempre tivo o seu corazón a carón desta aventura marabillosa chamada LNB. Grazas Jorge. 
       
       A superficie do pavillón trouxo puntuacións moi elevadas para case tod@s @s participantes. Tanto é así que nos 25 primeiros postos só Chousa, Noé e Manu non chegaron a superar os 15 ptos. Ademais, 13 puntuacións da xornada estiveron nos 20 ou máis ptos. En fin, salientar a actuación de Milio, quen estivo a piques de subir ao máis alto do podio por segunda vez primeira na súa longa carreira deportiva na LNB. Lembrar que Milio xa formaba parte daquel histórico REMOURELLE BULLS que conquistou o Título de Conferencia na temporada 2008-2009. Na terceira posición situouse Geni e, alzouse co Aberto de Flores, o BAlbino de Arneiro. Así mesmo, alcanzou o liderado da Conferencia. O que semellou unha casualidade, a vitoria de Albino Mou na primeira xornada e o seu efímero liderado dunha soa xornada, acaba de convertirse nunha realidade tanxible. O de Carabullo é un firme candidato ao Título e, co permiso de Chousa, Ismael e Charly, xa se converte no xogador franquicia do equipo de Ponte de Outeiro.

       
        Na Categoría de Equipos houbo moi pouca distancia entre os 6 primeiros da xeral. Deste xeito, ganou Billardeiros, con 6 ptos máis ca Troitas Bravas e 7 máis ca Chaínzos-Cadaval. Magníficas actuacións destes 3 equipos. Billardeiros tomouse en serio a ameaza dos equipos da Terra Chá presentando as novidades de Eva e Kiko e recuperando a presenza de Markytos, quen tivera descanso na xornada anterior por decisión técnica. Quen os daba por acabados? Cunha media de máis de 20 ptos dos seus 5 xinetes da Apocalipse, Geni, Manu Pozo, Suso Coedo, Daniel e Markytos, o equipo de Ribadeo dou un toque de corneta.  Troitas Bravas presentou 13 xogador@s en San Miguel e notouse. O equipo máis numeros da competición sempre ten magníficas actuacións cando conta coa forza do grupo. Sachas, Regueiro, David Navallo e Manolo forman o Bravo cuarteto que sostén esa terceira praza da xeral, pero nesta xornada contaron con Sandonguero, quen achegou 20 ptos. Chaínzos ten un bloque moi compacto no que está destacando esta temporada Paula. Tamén Rafa está por enriba do seu rendemento doutras temporadas. Mentres, os xa consagrados, Pepe Outeiro, Pepe Vidal, Cortón e Rubén continúan sostendo ao equipo coa súa regularidade. En definitiva, Carabullo aguantou o liderado con moito sufrimento, pero a achega de Migho e Javi Morán (xogaron por vez primeira esta temporada) mantiveron ao equipo chairego a tan só 8 ptos do ganador da xornada. Remourelle callou outra excelente xornada, sobre todo, pola gran actuación de Milio, perfectamente secundado por Muriego, Jorge e… aquel que non coñece o desalento… Xermán Viluba. Billarda Verde estivo á altura deses grandes equipos do Norleste con só 4 xogadores, pero que xogadores!, Iván, Óscar/ Seixas e Xan… que ben rimado! Polka Miseria chegou aos 35, a súa mellor puntuación desta temporada, co seu trío de gala, Sara, Manu e Lola Eiras. 

Equipos

4 XOR
BILLARDEIROS MUSICAISRIBADEOBIL85
TROITAS BRAVASA PONTENOVATRA79
CHAÍNZOS-CADAVALCASTRO DE REICHA79
CARABULLOPONTE DE OUTEIROCAR77
REMOURELLE BULLSBARREIROSREM76
BILLARDA VERDECASTROVERDEBVE64
POLKA MISERIA POLPOL35
       A Clasificación xeral segue encabezada por Carabullo por terceira xornada consecutiva. Billardeiros acércase tocando en do menor. Troitas nada a favor de corrente. Chaínzos-Cadaval non deixa de rodar billarda e Remourelle recupera a fereza que o levou a ser temido polas súas cornadas. Pensamos que destes cinco equipos non se pode descartar a ningún, polo de agora, para ocupar o podio da Conferencia. Os catro primeiros porque están moi cerquiña uns dos outros e a Remourelle pola súa historia e por esa fusión de comezo de temporada que levou ao equipo do touro a incorporar a dous pesos pesados, un máis co outro, da LNB, Flores e Xermán. Sen esquecer o despertar dun longo letargo de Muriego e Milio. Os dous acudiron ao comezo de temporada ao santuario sintoísta da illa xaponesa de Itsukushima, na prefectura de Hiroshima. Pasaron unha semana con dieta crudocarnelaovexetariana. 

Equipos

Total
CARABULLOPONTE DE OUTEIROCAR314
BILLARDEIROS MUSICAISRIBADEOBIL309
TROITAS BRAVASA PONTENOVATRA306
CHAÍNZOS-CADAVALCASTRO DE REICHA289
REMOURELLE BULLSBARREIROSREM262
BILLARDA VERDECASTROVERDEBVE218
POLKA MISERIA POLPOL118

         Nas Categorías individuais, pois, Abino sitúase de líder e cunha cómoda vantaxe de 8 ptos sobre Sachas e 11 sobre o trío Chousa, Coedo e Manu Pozo. Despois vén Daniel, un dos máis grandes, que habitualmente está no podio ou cerca del. Paula é unha das agradables sorpresas, xa que mantén intactas as súas opcións de podio da Conferencia. Regueiro, Cortón, Pepe Outeiro, Ismael, Geni, Noé e David Navallo son palanador@s de prestixio e que terán as súas posibilidades para acercarse ao podio. Jorge, Muriego, Milio, Franco Iván Alonso e Manu cerran o G-20. 

ABSOLUTAEQUTOT
1ALBINOCAR88
2SACHASTRA80
3CHOUSACAR77
4SUSO COEDOBMU77
5MANU POZOBMU77
6DANIELBMU76
7PAULACHA75
8REGUEIROTRA73
9CORTÓNCHA72
10PEPE OUTEIROCHA72
11ISMAELCAR69
12GENIBMU68
13NOÉTRA67
14DAVID NAVALLOTRA67
15JORGEREM67
16MURIEGOREM66
17MILIOREM65
18FRANCOBMU61
19IVÁN ALONSOBVE59
20MANU POL59

     A Categoría feminina mantén a Paula por encima de Geni. Entre as dúas estará a Campioa 2018-2019, salvo imprevisto. Ana e Sara probablemente deberán loitar pola terceira praza do podio, sen esquecerse de Carme, Lorena , Lola Eiras, Maricarmen, Lucía, Chinita e Sandra, quen están esperando a súa oportunidade para encontrar a puntuación perfecta, nunha xornada perfecta… que existir existe.
femininaEQUTOT
PAULACHA75
GENIBIL68
ANACHA50
SARAPOL46
LORENACHA31
CARMETRA31
LOLA EIRASPOL26
MARICARMENTRA25
LUCÍAREM23
CHINITATRA21
SANDRATRA20
RÍAS BAIXAS

       As borrascas do Atlántico meteron á tribo Rías Baixas no pavillón de Salcedo. Pista rápida, pero non nas que máis esvaran as billardas. 18 varados foron os conseguidos. Xornada marcada por varias decisións arbitrais controvertidas, como moito. 

       Juanma consolidou o seu liderado cunha vitoria incontestable, xa que, ganou por dúas veces a final. Houbo que repetir o desempate con Lito para decidir o ganador, xa que unha vez consultado o VAR, houbo que rectificar a decisión tomada polo xuíz de campo (señor S.T. da delegación do Morrazo). O mesmo sucedeu co desempate para decidir a terceira praza do podio. En fin, a tecnoloxía achegou algo de xustiza á LNB. De todos os xeitos, houbo outra xogada polémica na que se pedía que entrara o VAR, como foi un seicavarado de Cris, pero na que o equipo técnico do VAR non considerou oportuno actuar. Resumindo, o VAR non apaga a sede de todas as persoas.

     Da xornada podemos destacar a puntuación excelente de Ricardo Lois e o triunfo de Juanma. Como toda xornada en pavillón houbo algún rendemento por debaixo do nivel dalgún palanador, sobre todo, tendo en conta que o azar confecciona algún que outro grupo da morte. Sucedeu desta vez, e deste grupo saíron moi feridos, Ricar e Manu. O primeiro acadou 6 ptos e o segundo 11, puntuacións moi por debaixo do súa valía real. Mais, o pavillón ten estas cousas. Tamén, Luís Camiña sufriu os efectos da iluminación escasa e da altura do teito. Nas actuacións femininas salientar a de Adriana (21 ptos) e a de Ainhoa (20 ptos). A de Valpaços confirma o seu Título Nacional e busca o seu primeiro Título de Conferencia. Ainhoa camiña con pulso firme cara ao podio infantil. 

       As clasificacións quedan deste xeito:


ABSOLUTA
Total
1JUANMA LÚA147
2LUÍS PIRUGHA127
3XAN RODIÑOLÚA127
4CHOARM123
5RICAR COR115
6FARICOR109
7RICARDO LOISLAX108
8MANUARM95
9LUÍS CAMIÑAGHA93
10CHE RIN90
11CAROLOLÚA87
12ADRIANA VAL81
13TAXEIROVAL81
14CRISRIN77
15BEGOÑACOR72
16LUÍS GONGHA72
17ALBERTERIN68
18DANIELRIN68
19CHARRICOR67
20LITOCOR66

        Juanma xa marca unha distancia considerable cos seus perseguidores. Son 20 ptos, ou sexa, unha xornada de diferenza. Isto confirma que o Neno de Ouro xa se convertiu en Mozo de Lúa. As prazas de podio están moi apretadas. Piru defendeuse ben nun terreo que incomoda moito ao seu estilo de xogo. Xan mantivo o tipo. Cho sufriu bastante co seu potente golpeo e os límites do terreo de xogo, pero cun varado na última carreira sumou 4 ptos que lle fixeron superar os 10 ptos totais. Ricar tivo unha desas tardes nas que a billarda sae a centímetros do poste do varal unha e outra vez, e non hai maneira de facelas ir ao rego. Fari e Ricardo Lois acercanse despois de sumar máis de 20 ptos na xornada. Manu e Luís Camiña cederon algo de terreo. Che cerra o G-10.

Dous palanadores, que xogaron por vez primeira, do viveiro de Armadiña SANI e ANDRÉS


FEMININA
Total
1ADRIANA VAL81
2BEGOÑACOR72
3ELENA GLEZGHA65
4ELENA SABARÍSARM58
5LU LÚA55
6CHEFACOR41
7BELMIRAVAL40
8MARÍA MARTÍNEZGHA39
9ANAGHA36
10INÉSGHA36
11MARISALÚA30
12ZAIRAVAL30
        Adriana recuperou o liderado e confirma que ten como obxectivo coroarse, no seu primeiro ano de adulta, como raíña das Rías Baixas. Bego non dixo a súa última palabra e na xornada vindeira de Castrelo, campo cuberto e de terra, pode recuperar terreo. Elena González xa se situou na terceira praza do podio, a pesar de faltar á primeira xornada. Elena Sabarís e Lu están preto desta terceira praza. Despois, xa hai un oco importante, debido sobre todo a que Chefa está mancada e non acudiu a Salcedo. 

Equipo
Total
1CORREDOIRAS BUEU461
2LÚA DE FORZASANXENXO456
3GHARABOTOMARÍN429
4ARMADIÑAPOIO406
5RINOCERONTEPONTEVEDRA332
6VALPAÇOS TERRA QUENTEVIGO322
7LAXE DE RONSO GROVE314
8ANDARELAMEAÑO9
       Corredoiras ganou a xornada e recuperou o liderado. Lúa foi segundo na xornada e agora está a 5 ptos do equipo de Bueu. Gharaboto foi terceiro na xornada e mantén a terceira posición de podio na xeral. Armadiña non se despega dos tres primeiros e quere buscar a clasificación para as Finais LNB 2019. Despois xa encontramos aos 3 equipos que van loitar pola zona media, Rinoceronte, Valpaços e Laxe de Rons.
      A clave da vitoria do equipo dos atletas foi a incorporación á súa disciplina do sancionado Salvita. Salva achegou 22 ptos. Levaba dúas xornadas sancionado por estar cerca de firmar por outro equipo, xa que, remataba contrato e non aceptaba as condicións que lle ofrecían para renovar. Durante a súa ausencia, Corredoiras perdeu o liderado e rompeu unha xeira de 54 xornadas ininterrumpidas como líder. Vemos na foto de abaixo que, de todos os xeitos, non se vé moi contento coa nova situación a Salva. Na xornada do sábado foi obrigado polo presidente do equipo, Ricar Verde, a ler durante os descansos das partidas. Canto tempo aguantará esta situación?

NOROESTE

       A xornada da Conferencia Noroeste xogouse no exterior a pesar das ameazas de Meteogalicia.

        

        Continúa a supremacía de Campo da Feira e o reinado de Collazo, Merche e Miguel Cancela nas súas categorías correspondentes. Collazo engadiu un novo triunfo ao seu palmarés. Outra mañá na que o de Gabenlle non dou opcións aos seus rivais. Roi Rey estivo moi preto da súa primeira vitoria e de novo quedouse no segundo chanzo. Juan Carlos foi terceiro. Merche foi primeira en feminina e Abel ganou en infantil.

EDU CAMPO DA FEIRA

MERCHE APB SANTA MARTA

LITO MALPICA-COCHIQUEIROS

       Agora as cousas xa están máis claras. Collazo xa se distancia, como era previsible. Juan Carlos consolida a segunda praza e Edu, por fin, ocupa o posto que lle corresponde por talento e… porque aumentou a dose de licorcafé, agora xa llo serven con mangueira. Xulio, Kevin e Merche son candidat@s a esa terceira praza que deberá defender EGASA. As prazas que darán dereito ás Finais LNB están, coma sempre, moi disputadas.

ABSOLUTAEQUTOT
1COLLAZOFEI121
2JUAN CARLOSFEI104
3EDUARDOFEI91
4XULIOFEI87
5KEVINAPB84
6MERCHEAPB80
8LOIS FONTÁNFIL78
7LITOMAC78
9ROIAPB77
10ENRIQUEFEI74
11CHARLI VARELAFEI73
12COTELOAPB73
      A Categoría Infantil está moi emocionante, pois Abel estase acercando amodiño a Miguel, pero este non cede e defende con ptos a súa posición. Evidentemente, Abel é o gran favorito por idade e por xogo. O que pasa é que Abel, por outras obrigacións, faltou a unha xornada e agora ten que recuperar terreo, algo que Miguel non está disposto a consentir… ou si, xa veremos.
      

INFANTILEquipoTotal
MIGUELFEI53
ABELFEI47
MIKLOSFIL43
MARCFEI31
CARMELAMAC15

5 comentarios en «XORNADAS FIN DE SEMANA norleste-rías baixas-noroeste»

  • Vexo que nos podio poñedes a Geni como dos Billardeiros Musicais e logo como dos Chainzos-Cadaval. Un pequeno erro sin importancia porque todos sabemos que esta campioa e da franquicia de Ribadeo, pero si o podedes correxir queda mellor.

    Resposta
  • Grazas por avisar, xa está corrixido. E que nos chegaran novas de que no mercado de inverno Chaínzos ía facerse cos servizos de Geni, incluso desafiando ao fairplay financieiro da LNB, entón, o programa informático xa actualizou a nova situación. Pero, certamente, deberemos esperar a que se confirme esta noticia.

    Resposta
  • Comprobada a base de datos LNB, tanto da xornada 4 de Reinante (Cortón 21ptos, Paula 20ptos, Rubén 20ptos, Pepe Outeiro 18pts), como das clasificacións históricas da Conferencia Norleste, debemos pedir desculpas, dar as grazas e corrixir, con carácter retroactivo as informacións erradas.

    Resposta

Deixa una resposta a Anónimo Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *