XORNADAS FIN DE SEMANA RÍAS-NORLESTE-NOROESTE
A xornada 5 de Cangas foi
a primeira que se xogou con temperatura de Outono. O nordés estivo
presente, combinándose cun ceo despexado en algúns momentos e
noutros instantes cun ceo cuberto de escuras e húmidas nubes. A
choiva presentouse antes de comezar, para despois desaparecer ata a
última carreira. Nos cruces eliminatorios as pingas xeadas caeron
con firmeza, como se quixesen presenciar o desenlace da xornada,
pois, ao rematar deixou de chover.
palanadoras e palanadores soportaron a visita do frío. Quen utilizou
a substancia recomendada pola LNB, o BILLANAL, non tivo problemas
para aguantar á intemperie. Así, Ricardo Lois conseguiu a súa
primeira vitoria nunha xornada LNB e con isto entra no Alboio da Fama (ALFA). O do Grove empezou dubitativo e
pasou como cuarto do seu grupo. Non obstante, para enfrontar as
eliminatorias, os seus compañeiros de equipo aplicáronlle unha dose
de BILLANAL… e, … man de santo! Cho foi segundo e Xan Rodiño
terceiro.
Equipos ganou Armadiña, grazas, sobre todo, ás actuacións
fabulosas de Cho e Manu, moi ben secundados por Vixo e Papi. Segundo foi Lúa de Forza. O capitán de Lúa de Forza obrigou aos seus
compañeiros e compañeiras de equipo a usar BILLANAL. Unha decisión
impopular nun primeiro momento, mais os resultados finais confirmaron
que o produto é eficaz para soportar as inclemencias do tempo.
Corredoiras foi terceiro.
en Categoría Feminina, segunda foi Elena Glez. e terceira Zaira. En
Categoría Infantil ganou Yaiza, seguida de Óscar Caldas e de
Adrián. En equipos femininos foi primeiro Valpaços Terra Quente,
segundo Gharaboto e terceiro Corredoiras.
Bueu, Corredoiras, campión LNB nas dúas últimas temporadas, foi rota polo
actual subcampión LNB, Lúa de Forza. O cambio de líder provoca
unha xuntanza de urxencia do seu equipo directivo. Hai que entender
que o acontecido é de tal transcendencia que hai que botar man do
arquivo estatístico histórico para encontrar que… Corredoiras levaba
desde a primeira xornada da temporada 2015-2016 encabezando a clasificación xeral
de xeito ininterrompido… si, ledes ben. O equipo de Bueu estivo 54
xornadas seguidas en primeira posición da Clasificación Xeral de
Equipos. Isto significa un dominio absoluto durante 3 temporadas,
algo que non conseguiu ningún outro equipo LNB e que vai ser moi
difícil de superar. Salientar a vitoria de ARMADIÑA na xornada. Por terceira vez na súa curta historia o equipo de Poio gana unha xornada LNB. O gran momento de forma de Cho (1º e 2º nas dúas últimas xornadas) e Manu está levando ao equipo celeste a acercarse ao seu obxectivo de clasificarse para a Final LNB 2019. Situouse a 20 ptos da terceira praza que ocupa Gharaboto. Rinoceronte, Valpaços e Laxe de Rons, semella que deberán loitar pola zona media da táboa.
Absoluta, despois da quinta xornada, ofrece unha situación privilexiada para Juanma Camiña, quen na súa primeira temporada como senior está demostrando o potencial que se lle supoñía, despois do seu paso vitorioso pola Categoría Infantil (2 títulos LNB e 3 de Conferencia Rías Baixas). Son 13 os puntos nos que avantaxa a Piru. O da Adina continúa segundo. Cho alcanzou a terceira posición do podio. Ricar e Xan Rodiño cerran o G-5. Estas 4 xogadores están agora separados entre eles por 1 pto. Fari, Luís Camiña, Manu, Ricardo Lois e Carolo completan o G-10. Entre o último clasificado do G-5 e o primeiro do G-10 xa hai 23 ptos. Esta situación fainos pensar que o Campión desta temporada e os postos de podio deberían estar entre aqueles 5 palanadores.
ALBERTE PAGÁN |
ALEXIS |
MANU |
CARME NAI |
PAPI |
RICAR |
TAXEIRO – LUÍS CAMIÑA |
ANTÍA |
MARÍA GOLO |
A AMEAZA DO IMPERIO NORDÉS |
A xornada de Trabada volveu ser fiel á tradición das condicións climatolóxicas adversas para xogar no exterior. Así, o pavillón trabadense acolleu a terceira xornada da Conferencia Norleste. Este lugar cuberto sempre é propicio para o varado. Desta vez fixéronse 33. Tamén, foi o sitio ideal para a confirmación dun feito que pode deixar de ser excepcional, que Carabullo ganara a xornada. Isto xunto con que continúe de líder pode deixar de ser estraño, pero o que foi inusual é que Troitas Bravas, tamén superara a Billardeiros Musicais na xeral. En definitiva, agora queda unha clasificación moi mesta nas catro primeiras posicións, xa que, Chaínzos-Cadaval que é cuarto está a 23 ptos do líder. E ollo con Remourelle, que de momento non se despega destes catro equipos. Certo que Trabada é un lugar que historicamente se lle dá moi ben ao equipo búfalo. Billarda Verde continúa coa súa progresión e estivo por enriba dos 60 ptos. O equipo benxamín da Conferencia presentou un quinteto de luxo, co internaciónal Iván Alonso, con Óscar Trade, Seixas e Xan. Todos palanadores con capacidade para buscar unha vitoria de xornada en calquera momento. Tamén, magnífica actuación de Polka Miseria, que con tres xogador@s chegou aos 44 ptos. A presenza de Lola Eiras fortaleceu a Sara e Manu. Se conseguen presentar 4 xogador@s mínimo van ser un equipo forte en poucas xornadas. Ou sexa, esta temporada rematará o dominio Musical?
Charly foi o vencedor, seguido do seu compañeiro Albino e de Coedo. Chousa mantívose firme e mantén o liderado. Albino queda segundo e Sachas terceiro. O G-5 complétano Coedo e Manu Pozo. Despois, Daniel, Paula, Pepe Outeiro, Regueiro e Noé cerran o G-10. Destacar a posición de Paula, quen está nun momento de forma excelente que a coloca en condicións de optar ao Título Feminino, cousa que sería de salientar, xa que, significaría quedar por enriba da máis grande palanadora de todos os tempos da LNB, Geni. Non obstante, a da Terra Chá ten un potencial para enfrontar ese enorme reto.
A Categoría Feminina está entretida pola gran actuación nestas 3 xornadas de Paula, pois o rendemento de Geni xa o coñecemos. Para derrotar á bicampiona LNB haberá que ser moi regular nas 13 xornadas, cousa que Paula non conseguiu nas temporadas anteriores. O potencial de golpeo da de Chaínzos é tremendo, pero deberá competir coa eficacia de golpeo de Geni (ten un porcentaxe de acerto no golpe case de 100%). Despois, están Ana e Sara que pouco a pouco están acercándose a prestacións similares ás dúas grandes. Soamente lles falta aumentar o porcentaxe de acerto no golpeo aéreo, pois, teñen potencia nos seus bíceps para efectuar golpes de longa distancia. Lorena, Chinita e MariCarmen estarían entre as palanadoras da zona media, pero que en moitas xornadas poden estar cerca dos primeiros postos. Outro caso diferente é o de Lola Eiras, xa que, cremos que o seu potencial está cerca do podio da Categoría, mais ao faltar a varias xornadas, de momento está lonxe. Carme e Lucía, ao faltar a algunha xornada, están lonxe de momento.
Óscar Ponte subiu ao máis alto, pero… de xeito literal. Subiu ao máis alto do teito do pavillón para recuperar unha billarda e, tamén, ao máis alto do podio, pois, ganou a xornada. En equipos, unha xornada máis, e van 24 seguidas, Campo da Feira ganou, aínda que o fixo cunha vantaxe de só 4 ptos sobre APB Santa Marta. Os dirixentes do equipo de Paiosaco mostraron a súa preocupación polo baixo rendemento de Edu. A piques estivo de custarlles a xornada e romper a racha de xornadas seguidas ganando. Pola súa parte, o equipo da Santa da Laracha tivo en Kevin ao seu xogador franquicia da xornada. Estivo preto de conseguir a vitoria.
Agora, a Clasificación Absoluta volve a estar encabezada por Collazo. A sete ptos queda Juan Carlos e terceiro é Xulio Ponte. Podemos destacar a situación de Merche, que despois de 5 xornadas está ao ladiño do G-5. E ollo que Lito, Gándara, Roi, Andrade, Luís Mato e Añón, por diversos motivos, están fóra do G-10, cousa que vai desencadear unha loita descarnada por entrar nas posicións de privilexio. Todos estes son palanadores de Final LNB, mais non caben todos, polo tanto, a emoción está garantida. A participación segue sendo fenomenal.
KEVIN |
CARMELA |
CHARLI VARELA |
ÓSCAR PONTE |
No NorLeste está mal o poido. Coedo oi segundo e Albino terceiro.
De acordo, grazas por avisar. En breve, ou sexa… xa!, será corrixido.
XA ESTÁ MODIFICADO O PODIO NORLESTE DA 3 XORNADA DE TRABADA.
CERTAMENTE, SUSO COEDO QUEDA MOITO MELLOR Á DEREITA, QUE NO CENTRO… DA IMAXE..