CRÓNICA FIN DE SEMANA NOROESTE e RÍAS BAIXAS
CONFERENCIA NOROESTE
A xornada do LESLIE foi trasladada ao pavillón dos Cambóns (Cambre). Estas xornadas en pavillón sempre teñen unha alta espectación, pois as superficies rápidas de 40 metros poden supoñer grandes sorpresas. Desta vez, entre @s xogador@s do G-10, só Gándara tivo unha mañá pouco afortunada (11 ptos). Suliñar que 13 xogadores e 1 xogadora chegaron ou superaron os 20 ptos, o que significa que o 42% dos participantes obtiveron puntuacións excelentes.
Sorprendente foi a actuación de Miguel Cancela (9 anos), quen fixo 21 ptos. Ademais, chegou a semifinais, onde foi derrotado por Ismael por 2 ptos a 1 pto. O nivel na categoría infantil da Conferencia Noroeste fai que esta temporada presenten varios candidatos ao Título Nacional: Abel, Marc, Miklos e Miguel Cancela poden traer por vez primeira para ao Noroeste un Título Nacional. Deberán superar a Manu Caldeiro (da Norleste e o principal favorito para o Título) e a Óscar Caldas (Rías Baixas), outro dos serios candidatos.
A participación estivo na media da Conferencia. Tres participantes proviñan da Conferencia Norleste: Daniel e Geni de Billardeiros Musicais e Ismael de Carabullo. Tiveron unha moi destacada actuación, xa que, Ismael subiu ao podio absoluto e Geni ganou a Categoría Feminina. Semella que aos de Lugo non lles afecta o Atlántico.
Un documento AUDIOVISUAL arrepiante foi captado por EGASA, o xefe dos servizos de comunicación do NOROESTE. Non volo perdades ! Se Matias Prats marcou o camiño para a narración radiofónica moderna, Edu García está facendo os regos para a futura retransmisión en directo da LNB para o mundo.
Despois desta xornada, podemos confirmar que o Título vai estar disputado ata o final, cousa que non sucedía desde hai moito tempo, debido ao dominio de Collazo. Agora, Juan Carlos está ao seu nivel e veremos se é quen de manter a regularidade necesaria. Xulio Ponte e Edu son dúas alternativas que non están lonxe dos dous anteriores. Podemos considerar sorpresa que Lois Fontán, Merche e Enrique ocupen posicións tan elevadas, se nos atemos aos seus resultados da temporada pasada. non obstante, son palanadores que teñen suficiente capacidade para entrar nas prazas de finalista LNB. Todo está en manter a regularidade durante 18 xornadas.
A Categoría Infantil cambiou de líder e agora ponse moi emocionante. Miguel encabeza a clasificación por vez primeira na súa curta carreira deportiva. O de Soandres supera a Miklos por un ptos, e as ausencias de Abel e Marc, déixanos a máis de 10 ptos, ao primeiro e a 20 ao segundo. Sendo realistas, os favoritos seguen sendo Abel, Marc e Miklos, por esta orde, debido á súa idade e ao tempo que levan xogando.
A Categoría de Equipos non ten moita historia. Unha xornada máis Campo da Feira conseguíu a vitoria. Por fin MAC tivo unha fantástica actuación. O equipo de Malpica-Cerceda despertara moita espectación ao principio de temporada, pois a unión dos dous equipos semellaba ser unha alianza estratéxica para romper o monopolio de Paiosaco. Mais, a realidade é que deberán loitar ata o final por optar a esa segunda praza que dá dereito á Final LNB. APB está notando as baixas e as novas incorporacións aínda non renden ao cen por cen. Por outra beira, estase formando unha competencia estupenda entre os tres equipos que buscan a segunda praza. En 20 ptos están os tres.
MIGUEL CANCELA IGLESIAS -CAMPO DA FEIRA- |
FERNANDO -MALPICA-COCHIQUEIROS- (novo xogador) |
CONFERENCIA RÍAS BAIXAS
A primeira xornada disputada en pavillón trouxo unha chea de marcas históricas para a LNB. Fixéronse 52 varados e foron 28 xogador@s os que os fixeron. Cho dominou a xornada e fíxose cunha vitoria que o sitúa no G-5 e con serias opcións de loitar polo podio. Sabíase do potencial do de Combarro, pero a temporada pasada faltoulle regularidade. Pensamos que se sabe administrar ben as xornadas malas e non está por debaixo dos 10 ptos nestas, vai ser unha alternativa de garantías. Cris continúa coa súa progresión e xa se sitúa a 4 ptos de entrar no G-10. Carolo tamén tivo unha destacada actuación e entrou no G-10.
A única sorpresa entre o G-10, por conseguir unha baixa puntuación, foi a do Coroceiro Che, que só sumou 12 ptos cando os seus adversarios para o Título fóronse por enriba dos 20 ptos. Confírmase que Juanma está preparado para loitar polo título e que Piru está mantendo a regularidade que non tivo en temporadas anteriores e que sempre lle impediu coroarse co Campionato de Liga. Ricar é un valor seguro e está cerca deles dous. Depois, xa hai un espazo de 10 ptos con relación a Xan e Cho. Este último foi o ganador da xornada e presenta a súa candidatura para o podio, e quen sabe se para o Título.
CARMEN PAZOS Valpaços Terra Quente |
CHARRI Corredoiras |
Na Categoría Feminina, Belmira renaceu do seu mal comezo de temporada e ganou a xornada. Agora, a clasificación queda máis apretada, xa que, Bego continúa coa súa recuperación e xa está a só 7 ptos da líder, Adriana. Elena Sabarís mantivo o tipo e continúa segunda. Estas tres distanciáronse un pouco das outras 3 candidatas ao podio, Chefa, Elena Glez e Lu. Entre estas 6 estará o podio e o Título.
En equipos producíuse, se cadra, a maior sorpresa, non só por ganar a xornada LÚA DE FORZA, que sempre é un posible candidato, senón porque a súa fantástica puntuación coincidiu con puntuacións normais, para o seu potencial, de GHARABOTO e, sobre todo, de CORREDOIRAS. Deste xeito, o equipo de Sanxenxo sitúase a 2 ptos do Bicampión Nacional. Algo impensable ao comezo de temporada. O equipo de Marín está moi cerca destes dous. Pensamos que esta situación é algo simplemente temporal, pois non cremos que estes dous equipos poidan manter o ritmo que sen dúbida marcará Corredoiras, mais… a realidade é o presente e… a emoción volveu.
En equipos femininos, o actual Campión Valpaços veu reducida a súa distancia con Gharaboto, a única escadra que pensamos lle pode discutir o Título ao equipo de Vigo. Así, vistas as catro primeiras xornadas pode ser que este ano as féminas de Armadiña poida loitar polo podio, veremos como se comportan en campos exteriores. Corredoiras co cadro de xogadoras mínimo para puntuar (4) está limitado no caso que algunha xogadora teña unha mala xornada, aínda así, haberá que contar con elas para o podio.
ALICIA Valpaços Terra Quente |
MANOLO FARIÑA Gharaboto |
GELÍN Gharaboto |
MARÍA GOLO Corredoiras |
GERARDO TORRES Laxe de Rons |
CHICHÍ Laxe de Rons |
HUGO Gharaboto |
JM CAMIÑA Lúa de Forza |
YOLI Valpaços Terra Quente |
RIAL Armadiña |