Venres, Decembro 13, 2024
Sin categoría

Crónicas fin de semana 3ª xor. RÍAS BAIXAS 3ª xor. NOROESTE

       O Campo de Billarda da Reiboa (A Seca) en Poio acolleu a terceira xornada da LNB Conferencia Rías Baixas. Ao terreo, xa de por si esixente, houbo que engadir dous elementos que dificultaron os golpes. Primeiro, foi o vento mareiro, que daba de cara, o que engadía suspense a cada golpeo. Despois, avanzando o serán, apareceu o sol para deslumbrar o campo de visión, xusto no lugar do impacto. Non obstante, estes obstáculos non foron impedimento para que se viran magníficas parábolas e hipérboles fantásticas da billarda no seu anhelo por atravesar o varal. 
        De novo, extraordinaria participación feminina (38%) e infantil (6 nenos e 2 nenas), cousa que nos fai ser optimistas de cara a consolidar a práctica deste xogo da billarda no século XXI. Ademais, unha agradable nova foi a presenza de compañeir@s da Conferencia Norleste, que quixeron comprobar esa superficie mítica do Campo Olímpico de billarda. Así, de Carabullo competiron Ismael e Chousa e de Billardeiros Musicais Geni e Daniel. Estiveron a un nivel competitivo soberbio. Ismael e Geni chegaron a semifinais e Daniel á final (quedou segundo). 
       Os máis destacados da xornada foron palanadores de contrastada valía. Que mellor representante que o Coroceiro actual, Che, para dar lustre a un podio que completaron Daniel (Billardeiros Musicais-Ribadeo) e Álvaro Pai. Que mellor representante que a Bicampioa LNB, Geni (Billardeiros Musicais-Ribadeo), para subir ao máis alto do podio feminino, seguida de Adriana, actual campioa LNB e de Elena Sabarís. E, finalmente, quen mellor que o Xián de Rexenxo (5 anos) para encabezar o podio infantil, seguido de Óscar e Ainhoa. 

       En canto ás clasificacións, debemos empezar por destacar o cambio de líder. Nas dúas primeiras xornadas dominara Piru con brazo de ferro, cunha media de 26 ptos. Esta xornada, o da Adina tivo unha actuación boa (17 ptos), pero Juanma e Ricar estiveron sublimes. Daquela, o Campión LNB Infantil, Juanma, presenta a súa candidatura para optar ao título absoluto no seu primer ano nesta categoría. A ninguén sorprende esta situación, xa que, o talento do de Lúa de Forza é evidente en cada golpe que dá. Agora, veremos se está preparado para aguantar a regularidade que se precisa durante 15 xornadas máis. Ricar, co seu mellor comenzo de temporada desde que está en activo, está a un só pto. da cabeza. Agora Piru quedou a 5 ptos do primeiro. A máis distancia está Xan que completa o cuarteto de xogadores que superan a media de 20 ptos por xornada. Cho, Che, Luís Camiña, Ricardo Lois, Adriana e Chichí completan o G-10. Entre primeiro e décimo xa hai 30 ptos de vantaxe. Cada quen xa se está situando na zona que deberá ocupar ao final da temporada. Pensamos que entre estes 10 estará o vindeiro Campión  de Conferencia 2019. De todos os xeitos, hai que esperar, coma sempre, a chegada do inverno e con el os pavillóns. 
       Facendo unha comparativa coas 3 primeiras xornadas de anos anteriores podemos comprobar que 6 xogador@s do G-10 están realizando o mellor comezo de temporada da súa historia. 
ABSOLUTA
20192018201720162015
JUANMA LÚA7456505528
RICAR COR7362575670
LUÍS PIRUGHA6954344061
XAN RODIÑOLÚA6273816661
CHOARM5819


CHE RIN5339574832
LUÍS CAMIÑAGHA4942235132
RICARDO LOISLAX4862302034
ADRIANA VAL4431291311
CHICHÍLAX44212823
(mellor comezo en maxenta e peor comezo en verde)


       Na Categoría Feminina, por vez primeira Adriana encabeza a xeral. A Campioa LNB Infantil presenta a súa candidatura firme para loitar polo Título de Conferencia neste primeiro ano na categoría. Elena Sabarís segue moi preto da de Vigo, e xa se sitúa a 10 ptos do primeiro posto, Bego, a gran favorita vai acercándose pasiño a pasiño e veremos cantas xornadas tarda en situarse de líder. Despois, Lu, Tania, Chefa e Elena Glez, cerrarían o G-7, que é o grupo das palanadoras que teñen probabilidades de optar ao título, tanto polo seu historial, como polo seu potencial. Destacar, a consolidación de Elena Sabarís, na súa terceira temporada, e a irrupción de Adriana como candidata ao título. 
       En canto á Categoría de Equipos, a xornada foi ganada por Gharaboto, que agora se sitúa en segunda posición, a 14 ptos de Corredoiras e 5 ptos por enriba de Lúa de Forza. Despois, xa se abre unha regaña de 27 ptos entre o equipo de Sanxenxo e Armadiña. Rinoceronte, Laxe de Rons e Valpaços están plantados moi mestos e sen situarse moi lonxe de Armadiña (18 ptos). Daquela, aínda non están feitas as zonas definitivas, pois as diferenzas de ptos poden reducirse nunha única xornada, combinando unha boa puntuación dun equipo cunha mala dos outros. 
       Na Categoría de Equipos Femininos semella que Armadiña quere sumarse aos tres grandes da Conferencia na loita polo podio. Valpaços Terra Quente domina con autoridade como gran favorito a revalidar o título, pero despois ábrense as posibilidades a que Gharaboto, Corredoiras e Armadiña disputen as outras prazas de podio. 
      En resume, as dúas Clasificacións Individuais, Absoluta e Feminina, están lideradas por un mozo de 16 anos e unha moza da mesma idade. Que conclusións se poden tirar deste feito? Que cada quen reflexione ao seu xeito!
Magníficos trofeos artesanais da fábrica Armadiña
Aquí aparecen fotos de golpeos, onde se pode apreciar a depurada técnica de cada quen.

RICARDO LOIS LAXE DE RONS-O GROVE

GENI BILLARDEIROS MUSICAIS-RIBADEO

DANIEL BILLARDEIROS MUSICAIS-RIBADEO

DIEGO ARMADIÑA-POIO
ISMAEL CARABULLO-PONTE DE OUTEIRO-CASTRO DE REI

JUANCHI LÚA DE FORZA-SANXENXO

MANOLO FARIÑA GHARABOTO-MARÍN

CRIS RINOCERONTE-PONTEVEDRA

ÁLVARO PAI GHARABOTO-MARÍN

CHE RINOCERONTE-PONTEVEDRA

JOSÉ MANUEL RINOCERONTE-PONTEVEDRA

LU LÚA DE FORZA-SANXENXO

CONFERENCIA NOROESTE
       Participación excelente e terreo de xogo mixto. Este podería ser o titular da terceira xornada da Conferencia Noroeste celebrada en Ponteceso, nas inmediacións do MELGA. Dous novos practicantes acercáronse ata Ponteceso para xogar á billarda, José Manuel e Pastoriza. Ademais, un novo palanador infantil, o Lucas Varela xa se incorpora definitivamente ao equipo infantil de Campo da Feira. Fenomenais novas para a Conferencia máis mediática da LNB. 
       Os resultados situaron a Collazo como ganador da xornada, a Añón segundo e a Juan Carlos terceiro. Agora a xeral está encabezada por Juan Carlos, seguido de Collazo e Gándara. O ata esta xornada líder, Gándara, non tivo unha boa actuación e veuse superado por un terreo cemento-herba que non soubo interpretar. Merche aguanta a cuarta posición e presente candidatura para entrar nas prazas de Final LNB. Carlos e Añón continúan nun estado magnífico de forma, xa que faltaron á primeira xornada e, non obstante, están cerca do podio. Edu e Xulio manteñen os seus lugares de privilexio. L. Fontán e Cotelo cerran o G-10. Cotelo, un novato, está sendo a sensación agradable para APB, que fixo unha aposta arriscada coa súa fichaxe, xa que, tivo que solicitar un crédito para facer fronte ao seu salario millonario. Semella que Cotelo está cumprindo o prometido, facer esquecer a Dilan. 

ABSOLUTAEQUTOT123
1JUAN CARLOSFEI52181519
2COLLAZOFEI51151521
3GÁNDARAFIL49152410
4MERCHEAPB41121811
5EDUARDOFEI39111711
6XULIOFEI39141114
7CARLOS VARELAFEI37
2314
8AÑÓNFEI37
1918
9LOIS FONTÁNFIL3617127
10COTELOAPB3691710
       Na Categoría de Equipos, salientar a baixa puntuación de Malpica-Cochiqueiros, que presentou unicamente a dous xogadores e o excelente rendemento de Filloas de Sangue, que mantén a segunda posición, por diante de APB. Este ano a segunda praza de Final LNB vai ser cousa de dous, non coma os anos anteriores onde o equipo herculino estivo moi lonxe de APB. A incorporación de Miklos, do alcouve FONTÁN, está sendo decisiva para este bo momento do veterano equipo. 
EQUIPOS

TOTAL123
CAMPO DA FEIRAPAIOSACOFEI205597472
FILLOAS DE SANGUEA CORUÑAFIL155495749
APB SANTA MARTAA LARACHAAPB129305940
MALPICA-COCHIQUEIROSMALPICAMAC114474621
       Na Categoría Infantil está a maior emoción, pois a supremacía dos infantís de Paiosaco vese ameazada pola irrupción volcánica de Miklos. A incognita está en saber se realmente Miklos, novo líder, terá a regularidade para loitarlle o título ao trío da masía do Campo da Feira, Abel, Marc e Miguel. 
INFANTILEquipoTotal123
MIKLOSFIL3471215
ABELFEI3312138
MARCFEI24
1113
MIGUELFEI23959
ÓSCAR GARCÍAMAC7
7
LUCASFEI5

5
ADAHIFEI5
5
CARMELAMAC5
5
Fotos da técnica de golpeo Noroeste
MARTÍN BOCIXA CAMPO DA FEIRA-PAIOSACO

DAVID FONTÁN FILLOAS DE SANGUE-A CORUÑA

MIKLOS FILLOAS DE SANGUE-A CORUÑA

JOSÉ MANUEL

PASTORIZA

BEGOÑA FILLOAS DE SANGUE-A CORUÑA

AÑÓN CAMPO DA FEIRA-PAIOSACO

COLLAZO CAMPO DA FEIRA-PAIOSACO

JUAN CARLOS CAMPO DA FEIRA-PAIOSACO

ENRIQUE CAMPO DA FEIRA-PAIOSACO
MARC CAMPO DA FEIRA-PAIOSACO
Outras fotos
EXTERIORES DO MELGA

Aquí vemos que quen máis puntos conseguiron durante a comida posterior á xornada e, por conseguinte, subiron ao podio da fartura foron Julio Vilas e Gándara

Ricardo Perez y Verdes mecenas do MELGA cos premiados nas diferentes categorías

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *