Xoves, Marzo 28, 2024
Sin categoría

TODOLNB fala con … ALBINO de Carabullo

        Residente no lugar de Arneiro, parroquia de Goá, concello de Cospeito, Albino Mou comezou a xogar na LNB o 21 de outubro de 2017. Ou sexa, en 11 meses e 11 xornadas de liga, xa conseguiu 2 vitorias. A súa incorporación foi un reforzo moi destacado para o equipo de Ponte de Outeiro, Carabullo. A secretaría técnica do equipo outeiriño ten catro persoas dedicadas exclusivamente ao “scouting” na comarca da Terra Chá. Así, unha destas persoas, nunha visita ás Torres de Arneiro (antenas instaladas polo exército alemán en Galicia pouco antes do inicio da II Gerra Mundial para o control do Océano Atlántico) observou a un bravo mozo que cortaba leña cunha destreza e potencia inaudita… A partir de aquí xa coñecedes a historia. Albino Mou recibiu a visita de Ismael García na súa casa. Este levaba entre as mans un contrato que fixo chorar a Albino, pois nunca vira tantos ceros. Albino ten un contrato blindado que o obriga a asistir a todas as xornadas de liga, cousa que cumpre con agrado. 
       O nativo de Ponferrada está tan cómodo no equipo Carabullo que esta temporada promete loitar polos títulos Individual e de Equipos. Ten unha facilidade innata para golpear a billarda. Non sabemos se o efecto das antenas nos veciños e veciñas de Arneiro ten algo que ver con que algúns deles teña superpoderes. Aínda que foron derrubadas no 2009 por un temporal, Albino mantén algún deses superpoderes. 

        Falamos con Albino e isto foi o que nos dixo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *