Luns, Outubro 7, 2024
Sin categoría

TODOLNB fala con… LUÍS PIRU

     Aproveitando a vitoria na primeira xornada da Conferencia Rías Baixas de PIRU, quixemos acercarnos a este palanador carismático. Desde os seus inicios na LNB, a constancia e compromiso con este deporte tradicional foron dúas das calidades que o levaron a percorrer o territorio galaico en busca dun lugar onde se xogase á billarda. Deste xeito, desde o 4 de setembro de 2010 (Salvaterra do Miño), día no que se estreou, ata hoxe, 11 de setembro de 2018, foron 254 partidas de billarda de LNB as que disputou. Ninguen máis alcanza estes números. Ademais, se lle sumásemos as participacións en TAB (Torneo Aberto de Billarda) que se organizan fóra da liga regular, andaría preto das 500 partidas. Algo extraordinario, primeiro para el, pois tivo ocasión de gozar deste marabilloso xogo, e despois para a expansión da billarda. Un embaixador deste noso deporte coas súas excentricidades que non deixan indiferente. Así, algún fin de semana ten xogado 3 xornadas LNB. Xogaba o sábado pola tarde nas Rías Baixas, o domingo pola mañá na Noroeste e o domingo pola tarde no Norleste. Ademais, de presentarse a xogar coas proteccións en xeonllos e cóbados, ou rebentar o palán contra o chan, ou lanzarse por terra en busca da billarda sen importarlle a dureza da superficie, ou tirar co material despois dunha mala actuación. En definitiva, un xogador pura sangue billarda. O seu grupo sanguíneo é BS21 (Billarda século XXI, xa que Piru aprendeu a xogar na Adina no 2010, non practicara de neno a billarda).

        Tivemos unha entrevista con el na que quixemos coñecer o seu pensar sobre aspectos da LNB. Aí vos queda o parecer de PIRU.

     

        Piru xogou en dous equipos ao longo da súa traxectoria deportiva, Bateas (2010-2012) e Gharaboto (2012-2019). 

Piru foi un dos fundadores de BATEAS, equipo Campión Nacional 2011 e 2012
  

Desde o 2012 está en GHARABOTO.

        Os seus números son extraordinarios. É o número 1 da Clasificación Histórica da LNB na categoría de Varados, o número na Clasificación de Xornadas Ganadas. Ten títulos de Conferencia en Individual Absoluto, en Varados e en Equipos. Ten Títulos LNB na Categoría de Equipos. Para estar no TOP 5 Histórico da LNB, fáltalle algún título LNB nas categorías Individuais. Pero, coa súa xuventude pensamos que terá oportunidades de entrar neste selecto grupo dos máis grandes da LNB.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *