Venres, Abril 19, 2024
Sin categoría

LNB Calendarios 1º Cuatrimestre do curso 2018-2019

       Ide anotando nas vosas axendas analóxicas, dixitais ou de celulosa as xornadas da LNB que se disputarán ata fin de ano. A vindeira fin de semana do 15 e 16 de setembro haberá xornada en todas as Conferencias LNB. O sábado 15 será nas Rías Baixas, en Moscoso-Pazos de Borbén, e o domingo 16 no Noroeste, pola mañá en Eirís (A Coruña), e na Norleste, pola tarde en Castroverde. Na Conferencia Mai celebrarán o sábado 15 de setembro o VII Aberto Memorial Calvete, en Remourelle, e de aí sairá a ratificación definitiva do seu calendario. Xa chegaron á nosa redacción dous dos carteis anunciadores destes acontecementos. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *