Sábado, Abril 20, 2024
Sin categoría

ABERTOS DE BILLARDA

       Antes de que a UEFA decidira crear a UEFA NATIONS LEAGUE para encher o tempo no que non hai competición oficial de seleccións nacionais, xa a LNB, aló polo 2003, creara o formato TAB (Torneo Aberto de Billarda) co fin de ocupar as fins de semana nas que non houbese LNB. Daquela, na Conferencia Norleste aínda non comezaron, mais tiveron TAB na Festa da Malla da Pontenova.
       O equipo local de Troitas Bravas non puido co empuxe dos da Ponte de Outeiro. Carabullo segue coa súa preparación de cara a unha temporada que se prevé definitiva para destronar aos Billardeiros Musicais, ou polo menos, iso indican os resultados de verán. Ben certo que nos TAB non hai tanto nivel de competidores coma na liga, pero…
1º-CHOUSA 2º-ISMAEL 3º-NAVALLO 4º-GUTIERREZ

        O que si constatamos na Pontenova é o diferente xeito de posicionarse para o golpeo entre os xogadores da Comarca da Mariña Oriental (Troitas Bravas-A Pontenova) e os da Terra Chá (Carabullo-Ponte de Outeiro-Castro de Rei). Máis aínda, dentro de cada equipo hai diferenzas evidentes. Para fundamentar este feito véxanse as fotos de abaixo.

       Na Conferencia Noroeste dan continuidade a unha temporada recentemente comezada e que situou a Juan Carlos (Campo da Feira-Paiosaco-A Laracha) como primeiro líder. Así, disputarase un Aberto no Bosque de Añón, co obxectivo de que prenda o lume da billarda en Carballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *