|
ACTAS |
O sábado celebrouse a primeira xornada da temporada 8 da Conferencia Rías Baixas. A LNB chegou á nosa comarca, alá polo 2 de outubro de 2011. Desde aquela, xogáronse 111 xornadas ata o día de hoxe. Pois ben, un paso máis, no intento de consolidar a práctica da billarda na provincia de Pontevedra, veu da man da constitución da Asociación Cultural e Deportiva Billarda Rías Baixas, que a partir deste temporada encargarase da organización da LNB Conferencia Rías Baixas.
Desde logo, a nova ACD empezou con algúns cambios organizativos que buscan axilizar o xogo e facelo máis comprensible para xogador@s e espectador@s. Así, incluíuse a presenza dun taboleiro, onde se mostran as actas para que se poidan seguir as puntuacións carreira a carreira. Ademais, sempre que o terreo de xogo o permita faranse 6 campos co obxectivo de eliminar o tempo de espera. Isto implica que as arbitraxes faranse de xeito compartido entre xogador@s do grupo.
O sistema de competición desta temporada busca que máis xogador@s teñan posibilidades de xogar a Fase de Cruces eliminatorios. Así, sempre se farán 6 grupos na primeira fase e despois pasarán as 4 mellores puntuacións de cada grupo á Fase de Cruces. Deste xeito, 24 xogador@s terán opcións de ganar a xornada. Os cruces teñen a novidade que se farán en tríos (1º cruce), en parellas (2º cruce) e a final en cuarteto.
|
O equipo local LAXE DE RONS tivo unha actuación moi destacada, só por detrás dos 3 grandes equipos da Conferencia. |
Os resultados proclamaron a “Cristiano” Pirucha como dominador da xornada. Ricar sitúase en segunda posición grazas aos ptos conseguidos na Fase de Grupos 21 (máxima puntuación de todas), e en terceira posición está Outeiro, que foi a sorpresa da xornada e axudou a Corredoiras a ganar por equipos. Manu de Armadiña sitúase en cuarta posición, empatado con Fari e Juanma. Ricardo Lois, quen sempre ten boas actuacións no comezo de temporada, cerra o grupo de xogadores que conseguiron chegar ou superar os 20 ptos.
Na categoría feminina, magnífica actuación de Tania, que foi a única muller que xogou a fase de semifinais. Así, a clasificación deixa á de Valpaços Terra Quente con 5 ptos de vantaxe sobre Lu. Elas foron as únicas que superaron os 10 ptos. Bego, a pentacampioa de Conferencia, obtivo uns discretos 8 ptos, pero volve a partir como clara favorita ao título. Os mesmos puntos conseguíu a actual Campioa Nacional, Adriana. Elena Sabarís confirma que pode loitar por postos de podio e Yaiza continúa a súa progresión.
Na categoría Infantil, Óscar Caldas, claro favorito ao título esta temporada, con permiso de Yaiza, xa se destaca con 16 ptos.
OSCAR INF | ARM | 16 |
YAIZA INF | VAL | 9 |
HUGO INF | GHA | 2 |
AINHOA INF | ARM | 1 |
XIÁN INF | LÚA | 1 |
ALEXIS INF | ARM | 1 |
ANTÍA INF | GHA | 1 |
MARÍA CALDAS INF | ARM | 1 |
XAÍNZA INF | LÚA | 1 |
NANUQ INF | RIN | 1 |
AKI INF | RIN | 1 |
NAIA | ARM | 1 |
|
CARMEN PAZOS, a decana da LNB (acadará os 84 anos en decembro). volveu para quedarse. |
Aviso importante: Charri non pode sacar fotos e ao mesmo tempo ter un rendemento deportivo axeitado ao seu talento. Polo tanto, desde a vindeira xornada haberá un novo fotógrafo que axudará a sacar imaxes instantáneas do desenvolvemento do xogo para dar visibilidade a este deporte marabilloso.
A PARTIR DA VINDEIRA XORNADA as fotos que faga Santiago, de Valpaços, poderanse ver descargando una aplicación gratuita de móbil. Quen queira facelo debe enviar a sua dirección de email a santiagodominguezcobas@gmail.com e recibirá instruccións e un contrasinal para acceder a elas.
|
ARMADIÑA asegura que o seu principal obxectivo é unha praza para a Final LNB de Equipos |
|
A medición dos campos foi supervisada por Agrimensores da Diócese do Salnés. |
|
Corredoiras complementa o seu cadro de xogador@s con xente do filial. Quen poderá vencer ao equipo de Bueu? |
|
CASILDA e MANOLO FARIÑA |
|
MOITAL e LUÍS CAMIÑA |
|
YOLI |
|
JUANMA, ZAIRA e ADRIANA |
|
O Coroceiro un varado estratosférico (a 50 metros estaba situado o varal). |
|
ANTÍA |
|
LU |
|
CRIS NORRIS arbitrou unha semifinal e a final sen complicacións |