Ourense quere participar nesta aventura marabillosa chamada LNB. Esta vez parece a definitiva, pois, ademais da intención de crear a primeira conferencia ourensá hai dous equipos, moi potentes, que xa están de acordo para organizar a Conferencia Caldelas-Trives. A demostración deste interese veuse no Aberto que se organizou o martes 14 de agosto no campo da festa de San Xoán de Río, cun éxito grandioso, tanto pola participación como polo nivel de xogo.
|
Madeira (propiedade de Xosé Miguel Blecua) coa que se preparou o material de xogo: paláns e billardas. |
|
Futura sede da LNB Conferencia Caldelas-Trives |
Desde Manzaneda acercouse un grupo de mozos e mozas con pouca experiencia na práctica da billarda e que xogaban por vez primeira no formato LNB, pero que demostraron un talento fabuloso. Tanto é así, que a campioa absoluta do Aberto foi Sara, unha das súas representantes.
|
EQUIPO DE MANZANEDA |
De Río presentouse un equipo máis numeroso e igual de inexperto que o de Manzaneda, pois nunca xogaran á billarda a maioría dos seus xogadores e xogadoras, coa excepción do patriarca Juan, que lembraba a súa infancia xogando entre a herba. Un home que tivo que buscar o seu sustento fóra da terra galega e retorna todos os veráns, traendo con el a familia, que foi medrando no exterior.
|
EQUIPO DE RÍO |
O salientable deste aberto foi que, excepto Xosé Miguel Blecua, o Chemi, ningún outro competidor ou competidora xogara antes á billarda de xeito oficial. Daquela, un dos obxectivos da LNB foi cumprido en Río, divulgar e favorecer a práctica da billarda.
No aspecto competitivo, dicir que o futuro da LNB está no poder feminino. Así, de 25 participantes só 4 eran de sexo feminino e dúas delas estiveron xogando as semifinais, Gisela e Sara de Manzaneda. Finalmente, a fantástica Sara ganou dun xeito inapelable as dúas carreiras da final. Luís vive en Barakaldo e nunca xogara á billarda. Adri vive en Burgos e tampouco xogara. Gisela e Sara son de Manzaneda e coñecían o xogo do colexio, mais nunca participaran en competición algunha.
Houbo golpes estupendos e outros non tan bos. A idade media dos participantes foi a máis baixa da historia dos Abertos da LNB. Mirade as fotos e comprobarédelo. Só o patriarca Juan tiña máis idade que os 8 competidores máis novos xuntos.
|
A espectación antes do comezo e a tensión previa á alta competición |
|
Adestrando antes do comezo |
|
Antes do comezo, o público buscaba un lugar nas bancadas para ter boa perspectiva |
|
ADRI |
|
AIMAR |
|
CHEMI ” O experto” |
|
DANIEL “O benxamín” |
|
DIEGO DIÉGUEZ |
|
GISELA |
|
GUILLE |
|
INÉS Técnica excelente de golpeo |
|
AIMAR, PABLO e DARÍO “Os tres magníficos” |
|
IRIA |
|
O Patriarca Juan. Tod@s @s competidor@s atent@s ao seu golpeo maxistral aprendido na infancia de aldea. |
|
JUAN CARLOS |
|
LUÍS |
|
PABLO |
|
ROI |
|
MARCOS |
|
SARA para ganar o Aberto |
|
SARA golpe que gana o Aberto |
Me parece un acierto que las tradiciones no se pierdan, ojala con estos eventos consigamos gacer más grande galicia.
Gracias a los participantes.