CRÓNICA TAB Festival de Pardiñas 2018
O festival de Pardiñas (39 edicións) incluíu a billarda entre as súas actividades, por segundo ano consecutivo. Un dos festivais máis sobranceiros do noso país considera esencial que o patrimonio lúdico do noso pobo continúe vivo. Deste xeito, un ano máis convidou á LNB para que organizara un aberto de billarda.
A participación contou con xogador@s da LNB e con nov@s practicantes que se acercaron a xogar para sentir a ledicia dun deporte tradicional no cal se fai música de percusión con dous instrumentos de madeira: palán e billarda (material homologado LNB que @s compañeir@s da Terra Chá fabrican nos seus tornos 4.0). Ademais, este marabilloso deporte está sempre envolto nun ambiente místico e épico, pois nótase a presenza da alma das árbores, dos bosques e montes, que nos lembra que na nosa médula seguen nacendo as células indíxenas que nos transmitiron @s devanceir@s.
No aspecto competitivo
1º-COLLAZO 2º-TRADE 3º-GUDE |
O dominio da Terra Chá só se veu ameazado polo palanador de Paiosaco, Collazo, quen se fixo co triunfo. As súas emocionadas verbas cando recolleu os agasallos expresan un sentimento compartido: “Recollo as palabras do compañeiro
Ismael.. Que todos os festivais teñan billarda e que todas as
billardas… teñan festivais. Animádevos a xogar, …é divertido, é
marabilloso. Temos deporte, temos país, temos nación, temos Galiza,
temos billarda, temos Liga Nacional de Billarda.”
Ismael.. Que todos os festivais teñan billarda e que todas as
billardas… teñan festivais. Animádevos a xogar, …é divertido, é
marabilloso. Temos deporte, temos país, temos nación, temos Galiza,
temos billarda, temos Liga Nacional de Billarda.”
Pepe Outeiro, Ismael, Seixas, Chousa (Coroceiro 2016), Manu Caldeiro, Xan de Madia Leva, Juan Carlos, ademais dos que ocuparon o podio, dan mostra do gran nivel que tivo o TAB de Pardiñas. Tanto as semifinais como a final foron moi igualadas. Mais, finalmente o queixo e o viño viaxaron cara á Laracha. O terreo de xogo de dimensións reducidas dou oportunidade para que se presenciara o acto supremo deste xogo: o Varado. Así Collazo fixo 5, Trade 2, Pepe Outeiro 1, Gude 1, …
En definitiva, … Billarda sempre!