FINAL LNB 2018 Análise de resultados: EQUIPOS
Taboleiro de resultados obra de Muriego |
Despois do día magnífico das Finais LNB 2018 é momento de ir analizando os resultados das diferentes categorías. Imos comezar pola Categoría de Equipos. Abaixo aparecen as táboas de resultados das tres últimas temporadas, pois desde o 2016 compítese en 5 carrreiras. Deste xeito, comparando os puntos acadados nestas tres últimas temporadas, podemos facer unha valoración das claves para vencer nesta categoría.
Corredoiras cumpriu co seu papel de claro favorito. O equipo de Bueu leva tres temporadas subindo ao podio (2º-1º-1º) e non vemos quen pode facerlle fronte na próxima temporada. Nestas tres últimas temporadas, o campión sempre tivo a 4 xogador@s por enriba dos 10 ptos. A conclusión é ben evidente, o equipo que queira ser o vencedor deberá contar con 4 ou máis xogador@s que acaden esta decena de puntos.
Este ano a clave estivo nos grupos 6 e 1, por esta orde, xa que, foron os grupos nos que se conseguiron máis puntos, a diferenza dos anos anteriores nos cales os grupos 1 e 2 eran os máis produtivos. Mirade a gráfica de abaixo.
Polo tanto, para ser Campión Nacional na Categoría de Equipos hai que contar con 6 xogadores de moi alto nivel para poder compensar unha mala puntuación dalgúns deles. É por isto polo que pensamos que hai Campión LNB para moitas temporadas, salvo algunha sorpresa no mercado de fichaxes e traspasos. A única maneira de vencer ao equipo do Morrazo é que algún dos equipos aspirantes se reforce con algunha estrela LNB que queira cambiar de aires.
CORREDOIRAS (Bueu) Campión LNB 2018 Chefa-Lito-Fari-Ricar-Bego-Salva Martiño-Charri |