Luns, Outubro 7, 2024
Sin categoría

FINAIS LNB 2018

        Celebradas as Finais LNB 2018 os resultados foron os que aparecen nestas actas. Que cada quen tire as súas conclusións. Nós resumimos o que foi a gran festa da Billarda cunha súa palabra de nova creación “corozañeira” (baile que realiza o Coroceiro posuído pola espírito da muiñeira). Parabéns ao Coroceiro Nacional, Che (Andrés Garrido, para quen non saiba o seu nome real), de Rinoceronte (Pontevedra).
      Esta danza que provén das sabanas africanas convertíuse en baile tradicional galego ao entrar en contacto co noso rico folklore. Xa é o GIF máis visto no mundo. 
A COROZAÑEIRA, a danza de moda en todo o planeta
       As finais sempre deparan un ambiente extraordinario, algunha que outra sorpresa e xogadas polémicas. O ambiente foi excepcional, pois os nenos e nenas que participaron este ano superaron todas as expectativas. Foron 18 participantes, 5 nenas e 13 nenos. A participación máis alta da historia. Afortunadamente deberemos acostumarnos a que a infancia teña o seu espazo na LNB, e un espazo destacado, xa que algo ten este deporte tradicional que agrada a maiores e pequenos. Tod@s nacidos no século XXI e coa ilusión de manter vivo este xogo ata o XXII, se fose necesario. A ocasión tamén serviu para reencontros emotivos entre compañeir@s da LNB, que compiten en Conferencias diferentes e teñen poucas ocasións de encontrarse durante o ano. En definitiva, un día de agradable compañía, de diversión e de xogo. Para que todo isto se puxera en marcha houbo que coordinarse e organizarse. Daquela, debemos salientar o traballo dun grupo de mulleres e homes que se ocuparon de que os campos estivesen marcados, os varais situados no seu sitio, a megafonía conectada, e o micrófono en ON para que Berdillo fose narrando o que sucedía nos campos de xogo. Outras compañeiras encargáronse da inscrición, do sorteo e de cubrir as actas, ademais de arbitrar. Ao mesmo tempo destacar o panel magnífico que trouxo Muriego. Así como os trofeos, feitos por Ricar e outros por Gándara.  En definitiva, traballo en equipo dunha comunidade unida para realizar unha actividade social, cultural e deportiva chamada Billarda. 
       No aspecto competitivo, non podemos considerar como sorpresa que Che fora o vencedor, nin que Tomás se convertera no xogador co brazo máis potente e preciso para levarse o título de varados, pois son dous xogadores que están dentro dos mellores das súas conferencias. Así e todo, a xente apostou sobre seguro e puxo o seu euro en nomes clásicos que teñen un historia de títulos moi grande. Polo tanto, ninguén acertou ningún destes ganadores. En resume, das catro categorías que entraban en quinibillarda só se acertou unha, si, ledes ben, unha. A única que tivo un resultado dentro dos parámetros do evidente foi a Categoría de equipos, e a piques estivo de producirse unha sorpresa importante, xa que Lúa de Forza non entraba nos favoritos nin para entrar en podio, e non obstante, forzou ao equipo de Bueu a ter que desempatar para resolver o título. Despois do acontecido no aspecto deportivo podemos afirmar que a infancia está preparando o camiño para entrar na Categoría Individual Absoluta con firmeza. Así, en Categoría Feminina ganou Adriana, en idade infantil, e na Categoría Absoluta Juanma, en idade infantil, foi segundo. 
       Agora chegamos á xogada 13, como lle puxemos á xogada polemicocuriosa que sucedeu no cruce de doceavos entre Pepe Vidal e Alvariño. Pepe Vidal pasara de primeiro cunha actuación moi boa de 16 ptos e Alvariño pasou polos pelos de cuarto, e sufrindo ata o último golpe. Mais nun cruce emocionantísimo e que agotou as tres carreiras e o golpe de desempate, houbo que sacar a cinta de medir e por 13 cm Alvariño deixou no camiño ao de Chaínzos.
Aqui vemos a billarda morada de Alvariño que foi 13 cm máis longa que a de Pepe Vidal. O que non sabemos é cando mide en total. Alvariño sácanos desta dúbida!

Para a medición contouse cunha topógrafa titulada e un agrimensor do colexio asturiano
        
Campión LNB 2018 CORREDOIRAS (Bueu)

2º LÚA DE FORZA (Sanxenxo)

3º CARABULLO (Ponte de Outeiro-Castro de Rei)
     
As bancadas estiveron ateigadas. 94 competidores e 50 espectadores (esta cifra é orientativa) fan un total de 144 persoas as que presenciaron en directo o espectaculo das Finais LNB 2018.

INDIVIDUAL ABSOLUTA        2º-JUANMA 1º-CHE 3º-LITO

INDIVIDUAL FEMININA         3ª-TANIA 1ª-ADRIANA 2ª-BEGO

INDIVIDUAL INFANTIL         2º-JOSÉ MARÍA 1º-JUANMA 2º-MARTIÑO

INDIVIDUAL VARADOS            2º-SANTI 1º-TOMÁS 3º-MARKYTOS

Un comentario en «FINAIS LNB 2018»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *