Finais LNB 2018. Clasificad@s e análise.
Temos as aliñacións confirmadas polos adestradores dos equipos. Salvo baixas de último momento estes serán os sextetos iniciais.
Este ano será a de maior participación e ademais todas as conferencias presentan a máis dun representante. Tamén, será a final máis competida, xa que, ademais de Juanma e Adriana, que xa saben o que é ser Campión Nacional, súmanse outros xogadores de menor idade, pero dun talento impresionante. Manu Caldeiro foi o campión da Conferencia Norleste, Abel Ponte da Conferencia Noroeste e Juanma da Conferencia Rías Baixas e están en todas as quinibillardas como sólidos candidatos ao título, ao mesmo tempo que Adriana, vixente campioa da categoría. Vemos a Manu Caldeiro de Remourelle Bulls como está sendo coidado polo seu equipo, pois é o único representante desta franquicia histórica da LNB que acudirá a Compostela.
Todos os prognósticos apuntan a Juanma Camiña de Lúa de Forza como o claro favorito. Non obstante, os resultados da billarda teñen difícil explicación en algúns momentos, polo tanto, incluiremos entre os candidatos á parella de palanadores de Campo da Feira, Abel e Marc e a José María de Billardeiros Musicais, pois o rapaz de Ribadeo ten sangue de palanador correndo polas súas veas (familia do noso Franco). Despois, estarían Óscar Caldas e Ainhoa de Armadiña, que se teñen unha mañá afortunada poden optar a estar no podio. Os demais son aínda demasiado cativos e cativas como para sorprender aos maiores. O que si está garantido é a espectacularidade desta Final. A mellor de todos os tempos pola calidade dos xogadores e xogadoras.