A xornada 14 da Conferencia Noroeste celebrada en Malpica quedará para a historia por varios feitos salientables. O primeiro é que se estableceu unha marca de participación nunca antes vista na provincia coruñesa (60 xogador@s). O segundo feito é que 20 destes participantes foron mulleres, cifra que só está ao alcance das conferencias do sur do país (Conferencia Sur, no seu momento e Conferencia Rías Baixas, na actualidade). Por vez primeira e sen que serva de precedente, houbo tres premios en cada unha das categorías individuais (artesanía de Buño). E como calquera xornada deportiva que queira pasar ás hemerotecas, tamén houbo polémica da boa sobre a herba artificial de Pedra Queimada. Polémica que oculta a prensa local, pero que todolnb non pode obviar.
A menos de 20 días das Finais Nacionais, esta xornada valeu para comprobar o estado de forma co que chegan as dúas Conferencias Atlánticas. Os resultados están aí e non imos ser nós quen os interpreten e valoren. O que si se queremos redactar son as palabras que se escoitaron ao finalizar a xornada: “Poñemos ás Illas Sisargas como testemuña, poñemos ás Illas Sisargas como testemuña… nunca máis pasaremos fame… A coroza será nosa! A Coroza será nosa! A Coroza será nosa!”.
A polémica veu da man da loxística informática que se utiliza na Conferencia herculina para sumar os puntos das actas. Folla de libreta e boli bic punta normal son as últimas tecnoloxías adquiridas pola Conferencia Noroeste. O que sucedeu é que algún dos microchips que activa a tinta do boli fallou e houbo unha suma mal realizada. O perxudicado foi Julio Vilas, pero o seu equipo detectou rapidamente o problema e presentou os documentos acreditativos de tal cuestión. Abaixo aparecen estes documentos. En definitiva, solucionado. Outro patinazo foi o de situar a Armadiña no terceiro posto do podio. Isto tamén foi detectado a tempo.
Grazas ás excelentes fotos de Salvador Santos e Luz Fontán podemos mostrarvos secuencias inauditas e fabulosas. Instantáneas que afirman o potencial estético deste deporte marabilloso da billarda.
|
WILD FRAN demostra, con esta incrible estirada, que nun tempo pasado foi porteiro de fútbol |
Os resultados da xornada foron os seguintes:
CATEGORIA ABSOLUTA |
| do EQUIPO |
|
1 | RICAR | CORREDOIRAS | BUEU |
2 | CHO | ARMADIÑA | POIO |
3 | JUAN CARLOS | CAMPO DA FEIRA | PAIOSACO |
|
|
|
|
CATEGORÍA FEMININA |
| do EQUIPO |
|
1 | BEGO | CORREDOIRAS | BUEU |
2 | MERCHE | APB SANTA MARTA | A LARACHA |
3 | MACHI | ARMADIÑA | POIO |
|
|
|
|
CATEGORÍA INFANTIL |
| do EQUIPO |
|
1 | ÓSCAR CALDAS | ARMADIÑA | POIO |
2 | MIGUEL CANCELA | CAMPO DA FEIRA | PAIOSACO |
3 | ABEL | CAMPO DA FEIRA | PAIOSACO |
|
|
|
|
| CATEGORÍA EQUIPOS | do EQUIPO |
|
| 1 | CAMPO DA FEIRA | PAIOSACO |
| 2 | CORREDOIRAS | BUEU |
| 3 | APB SANTA MARTA | A LARACHA |
|
2º-CHO 1º-RICAR 3º-JUAN CARLOS |
A falta dunha xornada, só quedan por decidir dúas prazas de finalista, que neste momento teñen Dilan e Andrade, pero ás que aínda teñen posibilidades de optar Apóstolo, Julio Vilas e Óscar Ponte. Na categoría de Varados 6 xogadores deberán desempatar, se ningún deles consegue varado na última xornada. Son Óscar Ponte, Gándara, Edu, Julio Vilas, Juan Carlos e Lito. Todo o demais está decidido. Campión Absoluto, Collazo, Campión de Varados, Collazo (tería que suceder que chovese e se tivese que xogar en pavillón para que alguén o alcanzase), Camioa Feminina, Merche e Campión por Equipos, Campo da Feira.
Tamén, na última xornada pode suceder que Campo da Feira consiga ganar todas as xornadas de liga, se o fai en Ponteceso. Non obstante, o emocionante vai estar neses grupos onde teñan que xogar Dilan, Andrade, Apóstolo, Julio Vilas e Óscar Ponte. As estratexias de equipo non son válidas con este sistema de competición, polo tanto, todo estará en mans dos palanadores.
|
Merche (APB SANTA MARTA) e o seu clon feito polo mestre artesán GÁNDARA |
A BILLARDA DO SÉCULO XXI
|
ABEL PONTE |
|
ALEXIS MAQUIEIRA |
|
ÁNGEL ESPERÓN |
|
CARMELA PENA |
|
JULIA MATO |
|
MARIÑA PENA |
|
ÓSCAR CALDAS |
|
MIGUEL CANCELA |
|
AINHOA ARMADIÑA |
A BILLARDA DO SÉCULO XX
|
CHARRI |
|
AURELIA |
|
ÁLVARO PAI |
|
ENRIQUE |
|
GÁNDARA |
|
LU |
|
MANU |
|
XULIO PONTE |
|
ROBERTO GÁNDARA |
|
ERNESTO |
|
JULIO VILAS SORPRENDIDO cando lle dixeron que 1+1+4+1+1 son7 |