FIN DE SEMANA DE BILLARDA
O sábado 28 de abril é día de billarda. Cada vez hai máis practicantes e máis seguidor@s da LNB na provincia de Pontevedra. A maior densidade de palanadores e palanadoras está concentrada nas Comarcas de Pontevedra, Vigo, Morrazo e O Salnés. Polo tanto, a LNB, con moi bo criterio, organizará dous abertos de billarda, un no Morrazo (Marín) e outro no Salnés (Xil-Meaño) para evitar as aglomeracións de persoas, como sucedeu o sábado pasado na praza de Fefiñáns de Cambados, onde se xuntaron máis de 500 persoas entre xogador@s e espectador@s. As dificultades para xogar aumentan con tanta participación, daquela magnífica iniciativa a de dobrar torneos.
Deste xeito, na pista da Capela das Angustias celebrarase o histórico Xerro do Salnés, coa asistencia de xogador@s do norte do país, que despois de degustar a gastronomía e enoloxía do Salnés enfrontarán o reto máis complexo, darlle á billarda no aire. Ao contrario, en Marín, primeiro xogarase á billarda e despois degustará as cigalas, quen consiga levarse o triunfo.