Foron 101 @s inscrit@os para a xornada 16 celebrada en Cambados. Finalmente, xogaron 98, pois houbo tres ausencias por diversos motivos. Esta cifra é a segunda máis alta de toda a historia da Conferencia Rías Baixas. Ben certo que para chegar a esta cifra axudou a participación dunha representación da Conferencia irmá do Noroeste (10 xogadores e 1 xogadora).
Pois ben, por se isto non fora pouco houbo outro feito que ten que quedar reflectido nesta crónica. Dúas mulleres, unha delas en idade infantil e outra unha xogadora que tan só ten 3 xornadas disputadas no seu historial deportivo, estiveron en semifinais da xornada. Isto confirma que darlle duro á billarda é cuestión de gónadas. “Os xenitais están moi sobrevalorados”, afirmaba a delegada de Armadiña ao final.
Adriana de Valpaços Terra Quente de Vigo, que está no seu último curso de infantil na LNB, acariciou o triunfo na xornada. Quedou segunda detrás do líder da Conferencia, Xan. Terceiro foi Álvaro Pai, que pertence a outro dos colectivos de máis valor do mundo da billarda, ao colectivo das persoas que xogaron billarda na súa infancia e despois de moitos anos escuros sen poder xogar recuperaron a súa práctica grazas ao nacemento da LNB.
Sani foi a sorpresa máis agradable da xornada, pois a súa destacada actuación serve para animar a outras persoas principiantes a coller o palán.
CATEGORIA ABSOLUTA |
| do EQUIPO |
|
1 | XAN RODIÑO | LÚA DE FORZA | SANXENXO |
2 | ADRIANA | VALPAÇOS TERRA QUENTE | VIGO |
3 | ÁLVARO PAI | GHARABOTO | MARÍN |
|
|
|
|
CATEGORÍA FEMININA |
| do EQUIPO |
|
1 | SANI | ARMADIÑA | POIO |
2 | BEGO | CORREDOIRAS | BUEU |
3 | ELENA SABARÍS | ARMADIÑA | POIO |
|
|
|
|
CATEGORÍA INFANTIL |
| do EQUIPO |
|
1 | JUANMA | LÚA DE FORZA | SANXENXO |
2 | ABEL | CAMPO DA FEIRA | PAIOSACO |
3 | XIÁN | LÚA DE FORZA | SANXENXO |
|
|
|
|
| CATEGORÍA EQUIPOS |
|
|
| 1º | GHARABOTO | MARÍN |
| 2º | LÚA DE FORZA | SANXENXO |
| 3º | RINOCERONTE | PONTEVEDRA |
A falta de dúas xornadas dous títulos xa están decididos de xeito matemático. Categoría Feminina e Categoría Infantil. Repetirán título, Bego de Corredoiras (Bueu) e Juanma Camiña de Lúa de Forza (Sanxenxo), as outras tres categorías están practicamente decididas tamén, aínda que non dunha maneira matemática. Haberá que esperar á xornada de Bueu. Todo fai indicar que na Categoría de Equipos repetirá Corredoiras de Bueu, na Categoría de Varados e na Categoría Absoluta tamén repetirá Xan Rodiño.
Nas prazas de Final LNB 2018 é onde está o miolo. Haberá que estar moi atent@s a que non haxa ordes de equipo para beneficiar a compañeir@s que poidan perxudicar o xogo limpo, xa que aquelas e aqueles que non se xoguen nada poden verse na tentación de usar artimañas que non son propias da xente das Rías Baixas. De todos os xeitos, haberá supervisor@s externos que velarán e certificarán os hábitos saudables de competición.
|
Campo da Feira (Paiosaco) |
|
Lois Fontán, historia da LNB |
|
Gándara trouxo as súas innovacións xa patentadas. Palán e banqueta, “O PALANQUETA”. |
|
Alexis e Xián, biberóns e billarda |
|
Begoña, outro exemplar da fábrica de conservas de Armadiña |
|
Zaira volve a entrar nas prazas de finalista |
|
Yaiza Fdez debutou e divertiuse |
|
Abuín regresou |
|
Álvaro |
|
Cris |
|
Fari |
|
Andrade quedou abraiado con tanta xente |
|
Billarda século XXI |
|
Luís Camiña o xúbilo da xubilación |
|
Dous valores enormes da billarda, as mulleres e @s nen@s. “Super Hugo” |
|
Gelín, a música no palán |
|
Machi enviando a billarda ao aparcadoiro |
A implicación da Concellaría de Cultura do Concello de Cambados conseguíu que os medios de comunicación se fixeran eco da xornada da LNB. Anunciaron o evento e despois cubriron o mesmo. A verdade é que o público que presenciou a actuación d@s mellores palandor@s da provincia de Pontevedra e parte da provincia da Coruña foi o máis numeroso que teñamos visto. Axudou moito que os visitantes de Cambados se encontraran este espectáculo no corazón da praza de Fefiñáns.
Un grupo de persoas de Cataluña tivo a enorme fortuna de ver voar varias billardas sobre as súas cabezas e como cousa de encantamento foi polo aire foi polo vento, e non mancou a ninguén. É fantástico o que nos respectan os deuses galegos das árbores e que impidan que a súa madeira se converta en arma letal.