Xoves, Outubro 3, 2024
Sin categoría

CRÓNICA FIN DE SEMANA LNB RÍAS BAIXAS

       O titular da xornada de Redondela non pode ser outro que a desorbitante actuación de Rinoceronte. O equipo pontevedrés impúxose nunha xornada despois de dous anos de travesía pola sabana. A última vez que ganou unha xornada o equipo do corno foi na xornada 9 da temporada 2015-2016 do 16 xaneiro de 2016. Rinoceronte intenta recuperar na recta final da temporada os ptos que o separan na última praza de Finalista LNB 2018. Pensamos que é moi tarde para restar 94 ptos de desvantaxe con Lúa de Forza, de todos os xeitos na billarda case todo é posible. 

       En canto á categoría de Equipos Femininos continúa a pugna entre os tres grandes equipos da LNB, Valpaços Terra Quente, Corredoiras e Gharaboto. Corredoiras e Gharaboto non desisten na súa persecución do líder e gran favorito Valpaços. Este equipo non abandonou en toda a temporada o primeiro posto, non obstante, foi vendo como a distancia cos seus perseguidores foi minguando.  Esta xornada a vitoria foi para o equipo de Bueu. Esta categoría continuará ata a derradeira xornada coa emoción do título. O podio está claro que será ocupado por estes tres equipos, xa que os demais están moi lonxe. 

       O ganador da xornada foi o líder Xan Rodiño, seguido de Lu e de Daniel. Curiosamente son os mesmos xogadores da xornada 11 de Vilaboa. A única diferenza é que se intercambiaron os postos Daniel e Lu. Habería que buscar nos arquivos todolnb para comprobar se algunha vez se produciu esta circunstancia, que coincidiran as mesmas persoas subindo a un podio de xornada. Tamén, outra curiosidade é que os ganadores nas categorías individuais son os líderes actuais das mesmas. 

CATEGORIA ABSOLUTAdo EQUIPO
1XAN RODIÑOLÚA DE FORZASANXENXO
2LULÚA DE FORZASANXENXO
3DANIELRINOCERONTEPONTEVEDRA
CATEGORÍA FEMININAdo EQUIPO
1BEGOCORREDOIRASBUEU
2CHEFACORREDOIRASBUEU
3ADRIANAVALPAÇOS TERRA QUENTEVIGO
CATEGORÍA INFANTILdo EQUIPO
1JUANMALÚA DE FORZASANXENXO
2ÓSCARARMADIÑAPOIO
3HUGOGHARABOTOMARÍN
CATEGORÍA EQUIPOS
RINOCERONTEPONTEVEDRA
CORREDOIRASBUEU
LÚA DE FORZASANXENXO

   

     En definitiva, despois de sumar os puntos desta xornada as clasificacións están decididas en canto ao título. Así, en Categoría Feminina, Bego na próxima xornada será campioa matemática. En Categoría Infantil, a Juanma sucederalle o mesmo. Na Categoría de Equipos, Corredoiras, aínda que non dun xeito matemático, pero si real, na vindeira xornada conseguirá o título. Só quedarían a Categoría Individual Absoluta, na cal Xan dou un paso case definitivo nesta 15 xornada, e a Categoría de Varados, na cal tamén dou un golpe case decisivo o de Lúa de Forza. 
        A emoción está nos postos de podio en todas as categorías. Así, na Individual Absoluta, Salva asaltou o segundo posto de Ricar e agora ten 5 ptos máis que o ex-Coroceiro Nacional. Bego continúa no cuarto posto a outros 5 ptos de Ricar. Por detrás continúan Piru e Che a 10 ptos da de Bueu. O que se aproxima ao trote furibundo dos rinocerontes do Serengueti é Daniel, quen xa se situou a 17 ptos do terceiro posto do podio. Este palanador é o que máis ptos acumulou nas tres últimas xornadas cunha media de 22 ptos por xornada. Este feito xunto coa irregularidade das actuacións dos 6 primeiros en pavillón fixo que entrara a formar parte dos aspirantes a podio final. 
       Na Categoría Feminina, Lu asegurou o segundo posto final coa súa enorme actuación de 22 ptos. O posto de podio que aínda non ten dona é o terceiro. Chefa e Adriana son as aspirantes a este lugar de privilexio. A Campioa Nacional ten 4 ptos de vantaxe sobre a talentosa palanadora de Vigo.  Elena Sabarís e Elena Glez están algo lonxe, mais aínda manteñen algunha esperanza de alcanzar esta praza, pois a billarda é imprevisible. 

      Onde se coce a verdadeira empanada de millo das Rías Baixas é nos lugares máis quentes do forno da LNB. Isto é, naqueles lugares que dan dereito a participar na Final Nacional 2018. Na Categoría Absoluta, pensamos que unha ducia de xogadores están metidos en fariña, por así dicilo. Deberán apurar cada punto e cada carreira para entrar entre os elixidos para a gloria. Pensamos que desde Lito, 173 ptos, ata Papi, 148 ptos, todo é posible. Faltan por disputarse 93 ptos. O mesmo sucede na Categoría Feminina, desde Marisa, 89 ptos, ata Ainhoa, 65 ptos, aínda hai marxe de recuperación.

Vemos a Marisa explicándolle a Piru os perigos de realizar o “salto trigresa” desde o armario empotrado ata a cama sen levar o elemento de seguridado chamado arnés.

Marabilloso agasallo do concello de Redondela. Unha mochila cargada de cultura literaria. A alegría das caras das ganadoras na categoría feminina é anterior a que miraran que había dentro das fantásticas saquetas azuis.

A quen máis ilusión lle fixo os premios do concello de Redondela foi aos máis cativos, pois deste xeito engadiron un exemplar máis á colección dos Bolechas. 

Os máis beneficiados cos agasallos foron os ganadores na Categoría Absoluta, xa que as 700 páxinas do magnífico libro van acompañar as súas horas de lecer durante os vindeiros lustros. 

A pista PVC do Municipal de Redondela favoreceu o avance das billardas, mais non ten tanto poder deslizante como outras superficies. Houbo 23 varados soamente.

Armadiña nunca esquece hidratar, mineralizar e supervitaminar ás súas xogadoras e xogadores.

Vemos no fondo da pista ao Director Técnico encargado pola LNB de instruír aos xuíces de varal sobre a implantación do VAR, L. Camiña, como da indicacións a un dos xuíces.   

Marga Caldas en posición de semi flexión de pernas e armado de brazo (para ensinar en escolas deportivas de billarda).

O equipo Corredoiras camuflado entre as bancadas da mesma cor que os seus uniformes.

Reacción de CHE despois de que lle anunciaran os puntos conseguidos polo seu equipo Rinoceronte, 95 ptos (a súa mellor marca histórica de puntos desde a súa creación, fundación ou nacemento espontáneo).  

Entre tantas liñas as billardas trabucábanse e de cando en vez collían un camiño equivocado. 
CONFERENCIA NOROESTE
      Mañá editaremos a crónica de todo o que sucedeu na fantástica, épica, lírica… xornada da Conferencia Noroeste. 

Pavillón descapotable de última tecnoloxía de Castenda (Tordoia), preparado para soportar choiva, vento, frío, neve, temporal e… adaptado para filtrar as raiolas no caso que fose necesario. En definitiva, a LNB na vangarda das grandes infraestruturas construídas polo ser humano.


Podios 1-Collazo 2-Juanma 3-Lito  Fem-Bego  Inf-Abel (recolleu Miguel)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *