GOLPE A CÁMARA LENTA, MOI LENTA, LENTÍSIMA (gravado e editado: Peter Punk)
Xulio Ponte (Campo da Feira-Paiosaco). Golpe excepcional e VARADO
GOLPE A CÁMARA LENTA, MOI LENTA, LENTÍSIMA (gravado e editado: Peter Punk)
Sachas (Troitas Bravas-A Pontenova) Sensacional golpe e VARADO.
GOLPE A CÁMARA LENTA, MOI LENTA, LENTÍSIMA (gravado e editado: Peter Punk)
Manolo Fariña (Gharaboto-Marín) Magnífico golpe.
O Día das Estrelas LNB
2018 deixou nas retinas e nos cerebro de centos de persoas imaxes e
palabras inesquecibles. Os datos son impactantes.
Nunca antes en ningún Días das Estrelas (antes ALL STARS) se
reuniran tantos competidores e competidoras, nin nunca antes fora
presenciado por tantos seareiros. Segundo os cálculos de Armadiña,
arredor de 200 persoas viron en directo ás Estrelas da LNB no Campo Nacional de Billarda da Reiboa (A Seca-Poio).
En canto ao aspecto competitivo dicir que as 3 Conferencias LNB estiveron presentes en Poio con representates de moito nivel. Ata 15 equipos LNB tiveron representación. A participación feminina contou coa presenza de 4 Campioas Nacionais e de Conferencia, como Geni (2 Campionatos Nacionais), Lu (2 Campionatos Nacionais), Bego (1 Campionato Nacional) e Chefa (1 Campionato Nacional). Entre a participación infantil contouse con dous Campións Nacionais, Juanma (1 título) e Adriana (1 título). Entre todas as estrelas LNB tivemos a participación de 3 Coroceiros Nacionais e Campións de Conferencia como Daniel, Xan Rodiño e Ricar. Ademais, doutros campións de Conferencia. Campión da Noroeste en varias ocasións estivo Collazo e Campión da Conferencia Centro nunha ocasión, Luís Camiña. Moitas outras estrelas que sería demasiado longo nomear estiveron en Poio. Xa as iredes vendo en imaxes. O alto nivel de xogo das Conferencias Norleste e Noroeste a piques estivo de deixar sen triunfo á Conferencia local e que se presentaba como favorita para ganar os concursos e o Aberto. Pois ben, un par de metros foron os que separaron a Sachas de ganar o Aberto. A xenerosidade deste home da Pontenova non ten límites. Vendo que a xente estaba decepcionada coa actuación dos seus das Rías Baixas, non quixo meter a billarda no segundo golpe a un par de metros do varal. En definitiva, ganou os triples e quedou segundo no Aberto. Collazo ganou os mates. O mesmo Collazo ganou entres tod@s @s ganadores dos concursos. Finalmente, Xan Rodiño, rescatou algo de prestixio para as Rías Baixas ao ganar o aberto (no golpe de desempate contra Sachas e Juanma) e con el conseguir unha praza máis para a Conferencia
ABERTO DAS ESTRELAS LNB 2018
Categoría Absoluta
|
2º-SACHAS 1º-XAN 3º-JUANMA |
Categoría Feminina
|
3ª-ADRIANA 1ª-MARISA (recolleu o trofeo LU compañeira de equipo) 2ª-ANA |
Categoría Infantil
|
1º-OSCAR CALDAS 3º-MIGUEL CANCELA 2º-ABEL PONTE |
Mirando con detalle as imaxes dos podios podemos afirmar con realismo e serenidade que o presente e o futuro da billarda está firmemente enraizado, pois, vemos como
Juanma (último ano de infantil) xa está perto do nivel máis alto da LNB. Foi terceiro no Aberto e primeiro na súa categoría en Mates e en Triples.
Ainhoa (12 anos) foi primeira no concurso de Mates na Categoría Feminina.
Adriana (último ano de infantil) quedou terceira no Aberto na Categoría Feminina.
Oscar (10 anos) ganou o Aberto na Categoría Infantil,
Abel Ponte (11 anos) foi segundo e
Miguel Cancela (9 anos) foi terceiro. Estamos falando de nenas e nenos nacidos no século XXI. Nenas e nenos que coñeceron este deporte tradicional grazas a esta tola aventura chamada LNB. Unha aventura iniciada na Mariña Lucense e que se espallou por todo o país debido ao esforzo, dedicación e bo facer de moitas persoas. Unhas xa non continúan e outras tomaron o seu relevo. En fin, nas nosas mans está continuar reuníndonos cada fin de semana arredor duns varais para compartir o noso entusiasmo por estar viv@s e facelo nesta terra, con est@s compañeir@s en viaxe permanente polo cosmos.
|
Collazo foi o Campión Absoluto entre @s ganador@s das dúas modalidades de Concurso |
|
APB SANTA MARTA Maia, Julio vilas, Merche Roi Rey, Kevin, Apóstolo |
|
Armadiña Ainhoa, Lau, Diego, Manu, Mónica Marga, Nerea |
|
BILLARDEIROS MUSICAIS Geni, Daniel |
|
Troitas Bravas Sachas, Jorge Galdo (Chaínzos-Cadaval), Navallo Troitas Bravas |
|
CAMPO DA FEIRA Enrique, Añón, Juan Carlos, Cruz, Edu, Xulio, Oscar Ponte Miguel Cancela, Abel Ponte, Collazo |
|
ROI REY, o rei do golpe Hollywood, golpe que se realiza ao mesmo tempo que se sorrí para saír ben na fotografía ou vídeo |
|
AINHOA, palanadora que domina o golpe Fontán, golpe que se caracteriza por rematar coa man apoiada no xeonllo esquerdo. |
|
Bego. A potencia feita feita xogadora de billarda. |
|
Gándara. Onde pon os ollos pon a billarda |
|
Lois Fontán. Equilibrio e corazón de filloa. |
|
Collazo e Julio Vilas. Amizade por enriba e por debaixo das circunstancias. |
|
Maia. Matrix ou nunca máis. |
|
Ricar, Resistente e atlético. |
|
Julio Vilas. Baile tradicional galego con palán. |
|
Daniel Rodríguez. Técnica e elegancia no golpeo. |
|
Juan Carlos, Miguel e Cruz. En familia a billarda faise felicidade. |
|
JM Camiña, Edu. A atracción dos corpos. |
|
JM Camiña. O poder intimidatorio dun bo moco. |
|
Ana, Cheli. Marín tamén existe en morado. |
|
Cesar. A intelectualidade tamén da o golpe. |
|
Elena Sabarís, Mónica. Atento arbitraxe ou como non mirar para o varal e aínda así ver a billarda. |
Conclusións: Organización magnífica de Armadiña, tendo en conta que houbo que ter previstos varios recintos deportivos cubertos para trasladarse a eles no caso de choiva. Tamén, houbo que facer varios campos de xogo para os concursos e, pola tarde, debido ao gran número de participantes, fixéronse 3 campos en lugar de usar os dous habituais do Estadio de Billarda. Ao pé do campo montouse unha especie de carpa con capacidade para 70 persoas que houbo que usar nun momento da mañá no cal choveu. Sorteos e inscricións, puntuacións, etc. Megafonía e música. En definitiva, un complexo sistema loxístico que realizaron á perfección. Salientar, tamén, o comportamento excelente das persoas que viñeron doutras conferencias e, en xeral a comprensión de todas e todos os que comeron, pois seica houbo pequenos desaxustes nas porcentaxes de nutrintes do menú.
As actuacións musicais e lúdico-recreativas posteriores tiveron unha moderada asistencia de público que non restou a súa calidade. Eran pouc@s pero moi entregad@s e entusiastas, afirmou Machi, delegada executiva de Armadiña. “Grazas a tod@s por visitar o noso concello e prometemos… ou ameazamos con repetir a experiencia en calquera momento”, dixo finalmente a delegada armadiña.