Venres, Setembro 20, 2024
Sin categoría

VINDEIRAS XORNADAS LNB

   

       Comezou marzo e con el o trimestre definitivo para saber quen conseguirá boas notas. O sábado 10 de marzo xogarase en Barrantes-Ribadumia a xornada 13 da Conferencia Rías Baixas. Barrantes é un lugar onde se leva xogando a LNB Rías Baixas desde o 23 de marzo de 2013, pois ben, ningunha das xornadas disputadas se xogou en exterior. Sempre houbo que utilizar o pavillón. Cousa misteriosa? Quen sabe? O certo é que desta vez semella que se cumprirá a tradición, maldición ou bendición, segundo se queira interpretar.

       A Conferencia Noroeste xogará a xornada 11 na Costa da Morte. Concretamente na praia de Laxe, lugar que nos deixounos imaxes espectaculares que xa forman parte da historia gráfica da LNB. É un dos lugares favoritos para @s practicantes deste nobre arte de golpear a madeira. Recomendan @s organizador@s xogar descalz@s, por aquilo da subida da marea.   

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *