10 xornada Culleredo Folgueira de Castelo
Onte, entre os piñeiros e a fauna de Folgueira de Castelo, aparecéuse a figura fantasmal dunha “Djalma en pena”, Edu García, o “Djalminha de Paiosaco”, para deixar xeadas a todas as persoas e a todas as billardas da Conferncia Noroeste. Aínda tiña quente no bandullo o licor café da celebración do aniversario de boda (sábado 24), cando golpeou cun berro seco a última billarda que o convertiu en ganador da xornada 10.
2º-GÁNDARA 1º-EDU 3º-DILAN 1º INF. MIGUEL CANCELA 1ª FEM MERCHE |
Ao finalizar a xornada puidemos recoller as primeiras palabras de Edu o Djalma de Paiosaco. Estaba bastante preocupado (mirade a foto da entrega de premios), pois non sabía a que atribuír o seu fantástico rendemento deportivo, “non sei se foi o licor café, o xabarín ou os callos”. Temos imaxes do menú dietético que tomou o sábado pola noite. Entón, ao non identificar a variable causante de tal rendemento muscular e biomecánico, o de Paiosaco xa está votando contas para ver se poderá repetir menú a véspera da vindeira xornada de liga.
Edu e a súa compañeira de vida celebrando o aniversario de boda (sábado 24 febreiro) |
Vemos unha serie de fotos enviadas por EGASA, nas que se aprecia o fantástico lugar escollido para xogar a 12 xornada. Nesta xornada debutaron varios palanadores. Outra nova magnífica para a LNB.
O título está nas mans de Collazo e os demais buscarán outros obxectivos. Así, as dúas prazas de poido que quedarían van estar entre Gándara, Edu e Xulio Ponte. Pensamos que os demais deberán defender as posicións de Finalista, xa que entre Dilan, quinto clasificado e Oscar Ponte, décimo clasificado, hai 11 ptos. Unha distancia tan curta que na próxima xornada todo podería dar un chimpo se algún deles non chega aos dez puntos e outros conseguen esta cifra tan desexada.